Páginas

lunes, 31 de marzo de 2025

Axudantes científicos

 Continuamos co Club de Ciencia coa inestimable axuda dos axudantes da biblioteca que prepararon un experimento moi colorido para os grupos de 5º de Infantil.

Axudantes científicos por un día mais despois desta experiencia tan enriquecedora seguro que participarán de novo con outros grupos.

                              Nahia, Noa Vila, Carla e Gael

                       
                                Mara, Aroa, Inés e Catalina
O experimento que presentaron foi CORRENTES DE CORES.


Falaron de mesturas, de densidades e  de como se disolve o colorante dos caramelos na auga.  Esperando un pouquiño tamén puidemos ver como se despegaban as letras do caramelo.
Os nenos e nenas de 4º de Educación infantil estiveron encantados de axudar co experimento.





Ademais, fixéronlle entrega dunhas bolsiñas con adhesivos, selos e marcapáxinas que deseñaron os propios axudantes con moito agarimo.



jueves, 27 de marzo de 2025

Contacontos con David Rodríguez

 O alumnado de 1º e 2º de E.P. recibiu con moito agarimo ao escritor e deseñador gráfico, David Rodríguez, autor de SUPERAVOA, entre outros.


Viaxaron  no Tren fantasma de María Oruña e viviron as aventuras do seu protagonista, Alan, viaxando pola historia: pantasmas, montañas máxicas, tormentas terribles, amazonas con espadas...  Pasou en realidade ou sería un soño emocionante?
Ao rematar este conto tan fantástico, cantaron dúas cancións co autor á guitarra. unha sesión moi divertida!




Grazas pola visita!

viernes, 21 de marzo de 2025

Obradoiro de cociña con Escarlatina

 Un venres máis houbo xuntanza do Club de Lectura, nesta ocasión co Grupo 1.

As alumnas remataron o libro que estabamos a ler, "Escarlatina, a cociñeira defunta" da autora Ledicia Costas. Estivemos a comentar a lectura, as personaxes, a trama, as receitas... e ao rematar fixemos un taller de cociña intentando imitar aos protagonistas da novela.

Pasámolo moi ben, foi moi divertido.


Entre degustación e degustación as rapazas escolleron a próxima lectura,

 "Unha veciña de película" de Iria Misa.



jueves, 20 de marzo de 2025

Altas aspiraciones

 Esta semana tivemos unha nova xuntanza co Club de Lectura. O Grupo 2 está a ler o libro de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones", como se trata dunha novela extensa, a rapazada decidiu dosificar a lectura e ir marcando ata qué capítulo lemos para cada xuntanza. Para a reunión de hoxe tiñamos que traer lido ata o capítulo 4.

Ata o momento é unha lectura que está a gustar xa que se plantexan moitas curiosidades, misterios e interrogantes... Por que botaron á protagonista do equipo de baloncesto? É todo tan raro... como acabará a historia?

Para a próxima xuntanza imos ler ata o capítulo 10.