Páginas

lunes, 28 de abril de 2025

As Letras das Cantareiras!

 A Real Academia Galega acordou dedicar o 

Día das Letras Galegas 2025 

á poesía popular oral, personificado en 

Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). 

Fonte: A primavera das Letras

A orixe da nosa lingua guapa, película de ficción realizada polos nenos e nenas e unha mestra do CPI Santa lucía de Moraña.


Recursos para aprender, xogar, cantar e bailar!



 
 


Recomendacións lectoras
 






En abril, libros mil!

 Mil libros, mil historias, mil contos  na mellor compañía! 

 Este foi o noso día de APADRIÑAMENTOS LECTORES:

lunes, 21 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

 APADRIÑAMENTOS LECTORES

Una ano máis, o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria
terá unha sesión de contacontos a cargo dos maiores do cole.
Podemos contar os contos de mil maneiras: recitando, lendo, versionando, contos musicados, interpretando... 
O 23 de abril descubriremos máis!



Preparad@s para as vacacións?

 Como xa o comentamos, esta semana rematamos o segundo trimestre e comezamos as tan agardadas vacacións de Semana Santa.

O mércores tivemos unha breve xuntanza, neste caso co Grupo 2 do Club de Lectura. Falamos de como van esas lecturas e acordamos rematar o libro que se está a ler para a volta de Semana Santa "Altas Aspiraciones" de Charlie Feelwood.

 

O martes tivemos unha breve xuntanza co Grupo 1 do Club de Lectura. Falamos de como van esas lecturas e acordamos rematar o libro que se está a ler para a volta de Semana Santa "Unha veciña de película" de Iria Misa.

 

Para adozar as vacacións e as lecturas a rapazada tivo un pequeno agasallo.

 

lunes, 7 de abril de 2025

Recomendacións lectoras

Xa estamos a piques de comezar un descansiño para coller folgos para rematar o curso. E non hai nada mellor que acompañar esas horas de lecer cunha boa lectura. 

Deixamos unhas recomendacións lectoras para todos os gustos e idades. 

                               Felices vacacións e boas lecturas!




sábado, 5 de abril de 2025

Novas lecturas do Club de adultos con María Besteiros

 Na última xuntanza do Club de Lectura de Adultos escollemos a novela "Ítaca" de María Besteiros como próxima lectura para o club. Agardamos gozar con esta primeira novela da autora e finalita dos Premios Xerais de Novela.



Club de lectura de adultos con Arantza Portabales

 Esta semana houbo unha nova xuntanza do Club de Lectura de Adultos. A novela que escolléramos previamente fora "Asasinato na casa rosa" de Arantza Portabales e sobre esta lectura foi a reunión. 

Houbo disparidade de opinións, uns consideran o libro de Portabales moi bo, fácil de ler, interesante e entretido, mentras que outras opinamos que tratándose desta autora, "Asasinato na casa rosa" non é a súa mellor obra aínda que Aranzta nunca defrauda.

Definitivamente, é un libro que hai que ler para que cada quen saque as súas propias conclusións. Xa estamos a agardar pola súa próxima novela porque Aranzta Portabales sempre nos deixa con ganas de máis.

Como están preto as vacacións de Semana Santa, dende o Club de Lectura agasallouse cun pequeno detalle doce aos participantes do club.



viernes, 4 de abril de 2025

"Escarlatina" visita a Ruxi Radio

 Hoxe as rapazas do Grupo 1 do Club de Lectura viñeron á radio a falarnos do último libro que leron no club, "Escarlatina, a cociñeira defunta".

Keila presentou as súas compañeiras Valentina, Iris, Aroa e Ruth que nos falaron deste libro de Ledicia Costas.

Escoitade as súas recomendacións...

jueves, 3 de abril de 2025

En abril, libros mil!

Xa estamos de volta co noso mes favorito do ano: 

                                    o MES DO LIBRO!

                                   
Para comezar a celebración do MES DO LIBRO, os equipos de Dinamización da Lingua e Biblioteca convocan un concurso de Micro- Relatos de temática libre aberto a toda a comunidade educativa. Non vos esquezades de escribilo en galego!

Velaí tedes as bases e as modalidades de participación. 


O aire ocupa espazo?

Os axudantes de biblioteca levaron o Club de Ciencia ao alumnado de 6º de Educación Infantil.

O aire é necesario para a vida mais é invisible aos nosos ollos. Por iso, se pensa que non ocupa espazo. Así que, os nosos científicos da biblioteca vannos amosar como se comporta o aire con diferentes experimentos. 
Queredes ver como o fixeron?



As axudantes científicas: 
Gabriela, Coral e Iris
                             Martín, Noa Junco e Valentina


Ademais prepararon uns colgantes personalizados  deseñados por eles.
A presentación que prepararon Valentina e Noa Junco sobre o experimento:
 




 





martes, 1 de abril de 2025

Teño un volcán!

 O alumnado de 4º de Educación Infantil está a traballar nas aulas o conto "Teño un volcán" de Miriam Tirado, un conto para explicar que pasa cando nos enfadamos e que podemos facer para calmar ese volcán que temos dentro.

Así que  as axudantes da biblioteca participan no Club de Ciencia cun experimento que lles encanta aos máis pequenos e que ten moito que ver co conto. 
COMO FUNCIONA UN VOLCÁN? 
Así poderán ver ese volcán interior que temos cando nos enfadamos.


As axudantes fabricaron un volcán para cada grupiño con material de refugallo e plastilina.



As axudantes: Sabela, Keila, Lola, María, Noa Aroca e Ruth.


Despois de tanto traballo, o resultado foi un éxito!

Ademais, deseñaron uns marcapáxinas-diplomas para os nenos e as nenas participantes.