Chegamos ao final do trimestre e tivemos a derradeira xuntanza do 2025. Seguimos coa lectura da novela de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones". Está gustando moito, aproveitaremos para rematala durante as vacacións de Nadal.
Como co grupo anterior, tivemos a derradeira xuntanza do 2025 co Grupo 2. Nesta ocasión demos por rematada a novela que estabamos a ler, ¿Quién quiere ser e novio de mi hermana? de Maite Carranza.
Xogamos ao Pasapalabra do libro e escollemos a próxima lectura, "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
O último día de clase antes de comezar as vacacións de Nadal, os dous grupos do Ruxi Club xuntáronse na biblioteca para recibir un pequeniño agasallo. Foi unha reunión breve, chea de bos desexos para o próximo ano, de propósitos de descanso, disfrutar das festas e da familia e de rodearse de moitas lecturas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario