lunes, 23 de junio de 2025

Lecturas de verán

 Agora que rematou o curso, o equipo de biblioteca déixavos as recomendacións de lecturas para os tempos de lecer deste verán. Premede na imaxe para descubrir novas aventuras!



Despedida d@s axudantes

 A piques de rematar  o curso chega o momento de despedir aos nosos axudantes. Agradecer toda a labor que fixo este grupo de nenos e nenas ao longo de todo o curso, que foi moito!

Empréstitos, devolucóns, recomendacións de lecturas, preparación dos espazos para os obradoiros, creación de cartaces, decoración de días especiais, obradoiros de experimentos en infantil co club de ciencia, colocación de libros nos andeis... e un sinfín de actividades máis.

O último día despedímolos cunha pequena festa, uns agasallos e un diploma da súa labor.

Botaremos de menos o seu entusiasmo e a súa implicación. Moitas grazas!




domingo, 22 de junio de 2025

María Besteiros visita o RuxiClub

 

O pasado martes 10 de xuño tivemos unha xuntanza no Club de Lectura de Adultos coa visita da autora do libro que estamos a ler, "Ítaca" de María Besteiros.

Falamos da novela, de libros e da vida. A novela trata un tema durísimo para calquer persoa como é a morte dun fillo.

Narrado dun xeito sensible e natural, de xeito case poético, María contounos as súa viviencia persoal e que o que pretendía escribindo a novela era dar visibilidade a perda nun bebé.

Como mostra de agracemento a María, quixemos agasallala cun pequeno detalle agardando que se sentise a gusto e cómoda entre nós.



Moitas grazas María por acompañarnos! Volve cando queiras!

miércoles, 18 de junio de 2025

Obradoiro de xogos

O pasado mércores 18 de xuño o alumnado de 1º, 2º e 4º de Educación Primaria participaron nunha sesión de xogos de mesa a cargo de Júpiter Juegos Ourense.
Aprender a través dos xogos ten múltiples beneficios: estimular o pensamento crítico, a resolución d eproblemas, a toma de decisións, a creatividade, a memoria, a planificación e atopar solucións dunha maneira lúdica. Ademais os nenos e as nenas aprenden a compartir, negociar e relacionarse cos demais de maneira positiva. Xogamos?


lunes, 16 de junio de 2025

Contadas dos avós e das avoas

Nestes últimos días de  curso gozamos moito de actividades diferentes e sorpresas marabillosas. Os avós e as avoas visitan o cole! Que virán facer?

 Contar contos na clase dos netos e das netas. Esperámolos con moita ilusión.



Estamos desexando repetir!


jueves, 12 de junio de 2025

Despedida do RuxiClub

 Como cada ano, cando chegamos ao mes de xuño, temos que despedirnos dos dous grupos que este curso participaron no Ruxi Club.

A coordinadora do Club de Lectura fixo entrega a cada participante dun diploma pola constancia e interese en cada xuntanza.

Como xa apreta o calor, nada mellor para despedirnos fresquiños e cun bo sabor de boca que cun rico xeado.

                                        Moita sorte na vosa nova andaina!         

martes, 27 de mayo de 2025

Contacontos con Xana

 


O 27 de maio visitou de novo a nosa biblioteca unha cadeliña de Intervención asistida, Xana, acompañada de Nuria, psicopedagoga e mestra de Educación Infantil no CPI Terras de Maside.

Coa axuda dos nenos e das nenas de 6º de Educación Infantil e 1º de educación Primaria, contounos coa axuda de PICTOS o conto "Jozko, o apicultor".


Jozko vivía só e estaba moi triste ata que un día chegaron unhas simpáticas veciñas. Neste fermoso conto descubrimos o importante que é coidar dos outros e dun mesmo. 
Quen serían esas simpáticas veciñas? Descubrímolo?








domingo, 18 de mayo de 2025

Unha veciña de película

 Na última xuntanza do Club de Lectura, as rapazas o Grupo 1 remataron de ler o libro de Iria Misa, "Unha veciña de película". Despois de comentar e debatir sobre a lectura subimos a radio e alí quixeron gravar unhas recomendacións moi interesantes sobre este libro. Atentas ao que nos contan Aroa, Keila, Sabela, Valentina e Ruth sobre esta lectura.

 




                                

Próxima lectura "El Club de los raros" de Jordi Sierra i Fabra.

lunes, 28 de abril de 2025

As Letras das Cantareiras!

 A Real Academia Galega acordou dedicar o 

Día das Letras Galegas 2025 

á poesía popular oral, personificado en 

Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica). 

Fonte: A primavera das Letras

A orixe da nosa lingua guapa, película de ficción realizada polos nenos e nenas e unha mestra do CPI Santa lucía de Moraña.


Recursos para aprender, xogar, cantar e bailar!



 
 


Recomendacións lectoras
 






En abril, libros mil!

 Mil libros, mil historias, mil contos  na mellor compañía! 

 Este foi o noso día de APADRIÑAMENTOS LECTORES:

lunes, 21 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

 APADRIÑAMENTOS LECTORES

Una ano máis, o alumnado de infantil, 1º e 2º de primaria
terá unha sesión de contacontos a cargo dos maiores do cole.
Podemos contar os contos de mil maneiras: recitando, lendo, versionando, contos musicados, interpretando... 
O 23 de abril descubriremos máis!



Preparad@s para as vacacións?

 Como xa o comentamos, esta semana rematamos o segundo trimestre e comezamos as tan agardadas vacacións de Semana Santa.

O mércores tivemos unha breve xuntanza, neste caso co Grupo 2 do Club de Lectura. Falamos de como van esas lecturas e acordamos rematar o libro que se está a ler para a volta de Semana Santa "Altas Aspiraciones" de Charlie Feelwood.

 

O martes tivemos unha breve xuntanza co Grupo 1 do Club de Lectura. Falamos de como van esas lecturas e acordamos rematar o libro que se está a ler para a volta de Semana Santa "Unha veciña de película" de Iria Misa.

 

Para adozar as vacacións e as lecturas a rapazada tivo un pequeno agasallo.

 

lunes, 7 de abril de 2025

Recomendacións lectoras

Xa estamos a piques de comezar un descansiño para coller folgos para rematar o curso. E non hai nada mellor que acompañar esas horas de lecer cunha boa lectura. 

Deixamos unhas recomendacións lectoras para todos os gustos e idades. 

                               Felices vacacións e boas lecturas!




sábado, 5 de abril de 2025

Novas lecturas do Club de adultos con María Besteiros

 Na última xuntanza do Club de Lectura de Adultos escollemos a novela "Ítaca" de María Besteiros como próxima lectura para o club. Agardamos gozar con esta primeira novela da autora e finalita dos Premios Xerais de Novela.



Club de lectura de adultos con Arantza Portabales

 Esta semana houbo unha nova xuntanza do Club de Lectura de Adultos. A novela que escolléramos previamente fora "Asasinato na casa rosa" de Arantza Portabales e sobre esta lectura foi a reunión. 

Houbo disparidade de opinións, uns consideran o libro de Portabales moi bo, fácil de ler, interesante e entretido, mentras que outras opinamos que tratándose desta autora, "Asasinato na casa rosa" non é a súa mellor obra aínda que Aranzta nunca defrauda.

Definitivamente, é un libro que hai que ler para que cada quen saque as súas propias conclusións. Xa estamos a agardar pola súa próxima novela porque Aranzta Portabales sempre nos deixa con ganas de máis.

Como están preto as vacacións de Semana Santa, dende o Club de Lectura agasallouse cun pequeno detalle doce aos participantes do club.



viernes, 4 de abril de 2025

"Escarlatina" visita a Ruxi Radio

 Hoxe as rapazas do Grupo 1 do Club de Lectura viñeron á radio a falarnos do último libro que leron no club, "Escarlatina, a cociñeira defunta".

Keila presentou as súas compañeiras Valentina, Iris, Aroa e Ruth que nos falaron deste libro de Ledicia Costas.

Escoitade as súas recomendacións...

jueves, 3 de abril de 2025

En abril, libros mil!

Xa estamos de volta co noso mes favorito do ano: 

                                    o MES DO LIBRO!

                                   
Para comezar a celebración do MES DO LIBRO, os equipos de Dinamización da Lingua e Biblioteca convocan un concurso de Micro- Relatos de temática libre aberto a toda a comunidade educativa. Non vos esquezades de escribilo en galego!

Velaí tedes as bases e as modalidades de participación. 


O aire ocupa espazo?

Os axudantes de biblioteca levaron o Club de Ciencia ao alumnado de 6º de Educación Infantil.

O aire é necesario para a vida mais é invisible aos nosos ollos. Por iso, se pensa que non ocupa espazo. Así que, os nosos científicos da biblioteca vannos amosar como se comporta o aire con diferentes experimentos. 
Queredes ver como o fixeron?



As axudantes científicas: 
Gabriela, Coral e Iris
                             Martín, Noa Junco e Valentina


Ademais prepararon uns colgantes personalizados  deseñados por eles.
A presentación que prepararon Valentina e Noa Junco sobre o experimento: