lunes, 2 de marzo de 2026

Recomendación do club de lectura

 Catro alumnas do Grupo 1 do Club de Lectura que remataron de ler o libro de Alicia Borrás Sanjurjo "Nata y Chocolate" veñen á radio para recomendalo a toda la comuidad educativa.


                             

viernes, 27 de febrero de 2026

Rematamos libro!

 O pasado venres tivemos unha nova reunión no Club de Lectura, neste caso co Grupo 1. Nesta xuntanza demos por rematada a lectura do libro que estabamos a ler, "Nata y Chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo. É una novela cortiña, fácil de ler e que lle gusta toda a rapazada. Aborda temas como o bullying, a amizade e a superación. Moi recomendable.

Tamén se decidiu cal será a próxima lectura, por unanimidade escolleuse "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.


Tamén tivemos unha xuntanza do Club de Lectura co Grupo 2. Estamos a ler "Nata y Chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo e, ao igual que ocurre co outro grupo de rapazada que xa leu esta novela, está gustando moito. Trátase dunha novela que aborda o bullying, a amizade e a importancia de ter seguridade nun mesmo. Unha lectura amena, entretida e que aborda valores moi importantes.

Aínda que non había que rematar o libro, houbo compañeiras que xa o leron todo.






viernes, 20 de febrero de 2026

Club de lectura de adultos

 O pasado martes 20 de febreiro houbo unha xuntanza do Club de Lectura de Adultos para facer a escolla da próxima lectura. Houbo varias propostas moi interesantes, pero a maioría dos membros do Club decantouse pola novela de Óscas Reboiras Loureiro"A agonía das folerpas" en galego, ou o mesmo libro titulado "El caso Salgueiro" en castelán.



                                





viernes, 13 de febrero de 2026

Entrevistando á Intelixencia Artificial

 Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o DÍA MUNDIAL DA RADIO co alumnado de 3º de primaria que se converteu nun auténtico equipo radiofónico para participar na convocatoria de PONTE...NAS ONDAS!


Nesta ocasión, o noso programa de radio escolar abriu os micrófonos para unha entrevista moi particular; a convidada é Ursa, unha intelixencia artificial coa que o alumnado puido conversar, facer preguntas e reflexionar sobre a importancia da IA no doso día a día.

Para que serve a IA? Como funciona? Será Ursa quen de facernos os deberes ou axudaranos a aprender? Ursa pode ter emocións?

A experiencia foi moi enriquecederoa, xa que combinou  o traballo da expresión oral e a escoita activa co uso das novas tecnoloxías e a maxia da radio, un medio que segue a ser unha poderosa ferramenta de comunicación, educación e a participación.

Na Ruxi Radio seguimos aprendendo, preguntando e facendo RADIO!




           

martes, 10 de febrero de 2026

As nenas somos de ciencias!


 Hoxe celebramos a curiosidade, o talento e a valentía de todas as mulleres e nenas que exploran, investigan e transforman o mundo a través da ciencia. Ao longo da historia, moitas científicas contribuíron de maneira decisiva ao progreso da humanidade, aínda que non sempre recibiron o recoñecemento que merecían.

Este día lémbranos a importancia de crear referentes, romper estereotipos e fomentar vocacións científicas dende idades temperás. A ciencia precisa de todas as miradas, de todas as ideas e de todas as voces.

Animemos ás nenas a preguntar, experimentar e soñar sen límites. 

                                                      

lunes, 9 de febrero de 2026

Escarlatina no Ruxi Club

 Na primeira xuntanza do Ruxi Club co grupo 2 despois das vacacións de Nadal estivemos a falar e debatir sobre a lectura que a rapazada rematau de ler durante o periodo vacacional, "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.

                                             

Resultou ser unha lectura moi divertida e amena na que se presentan varias receitas de cociña que teñen moi boa pinta.

Despois de comentar o libro damos por rematada a lectura e quedamos para a próxima xuntanza no comedor e así poder elaborar e logo degustar algunha das receitas que aparecen no libro.

Club de lectura, grupo 1: Nata y chocolate

  O pasado venres tivemos unha nova xuntanza do Ruxi Club co Grupo 1, nesta ocasión estivemos a comentar como vai a lectura do novo libro que están a ler, "Nata y Chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo.

Está resultando ser unha lectura moi interesante, que trata un tema moi presente nas aulas necesario abordar e falar sobre el, o acoso escolar, como detectalo e saber que medidas adoptar... unha lectura que nos fai reflexionar e que ata o de agora está gustando moito.

Acordamos rematar o libro para a próxima xuntanza.