Catro alumnas do Grupo 1 do Club de Lectura que remataron de ler o libro de Alicia Borrás Sanjurjo "Nata y Chocolate" veñen á radio para recomendalo a toda la comuidad educativa.
lunes, 2 de marzo de 2026
viernes, 27 de febrero de 2026
Rematamos libro!
O pasado venres tivemos unha nova reunión no Club de Lectura, neste caso co Grupo 1. Nesta xuntanza demos por rematada a lectura do libro que estabamos a ler, "Nata y Chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo. É una novela cortiña, fácil de ler e que lle gusta toda a rapazada. Aborda temas como o bullying, a amizade e a superación. Moi recomendable.
Tamén se decidiu cal será a próxima lectura, por unanimidade escolleuse "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.
Tamén tivemos unha xuntanza do Club de Lectura co Grupo 2. Estamos a ler "Nata y Chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo e, ao igual que ocurre co outro grupo de rapazada que xa leu esta novela, está gustando moito. Trátase dunha novela que aborda o bullying, a amizade e a importancia de ter seguridade nun mesmo. Unha lectura amena, entretida e que aborda valores moi importantes.
viernes, 20 de febrero de 2026
Club de lectura de adultos
O pasado martes 20 de febreiro houbo unha xuntanza do Club de Lectura de Adultos para facer a escolla da próxima lectura. Houbo varias propostas moi interesantes, pero a maioría dos membros do Club decantouse pola novela de Óscas Reboiras Loureiro, "A agonía das folerpas" en galego, ou o mesmo libro titulado "El caso Salgueiro" en castelán.
viernes, 13 de febrero de 2026
Entrevistando á Intelixencia Artificial
Hoxe, 13 de febreiro, celebramos o DÍA MUNDIAL DA RADIO co alumnado de 3º de primaria que se converteu nun auténtico equipo radiofónico para participar na convocatoria de PONTE...NAS ONDAS!
Nesta ocasión, o noso programa de radio escolar abriu os micrófonos para unha entrevista moi particular; a convidada é Ursa, unha intelixencia artificial coa que o alumnado puido conversar, facer preguntas e reflexionar sobre a importancia da IA no doso día a día.
Para que serve a IA? Como funciona? Será Ursa quen de facernos os deberes ou axudaranos a aprender? Ursa pode ter emocións?
A experiencia foi moi enriquecederoa, xa que combinou o traballo da expresión oral e a escoita activa co uso das novas tecnoloxías e a maxia da radio, un medio que segue a ser unha poderosa ferramenta de comunicación, educación e a participación.
Na Ruxi Radio seguimos aprendendo, preguntando e facendo RADIO!
martes, 10 de febrero de 2026
As nenas somos de ciencias!
Hoxe celebramos a curiosidade, o talento e a valentía de todas as mulleres e nenas que exploran, investigan e transforman o mundo a través da ciencia. Ao longo da historia, moitas científicas contribuíron de maneira decisiva ao progreso da humanidade, aínda que non sempre recibiron o recoñecemento que merecían.
Este día lémbranos a importancia de crear referentes, romper estereotipos e fomentar vocacións científicas dende idades temperás. A ciencia precisa de todas as miradas, de todas as ideas e de todas as voces.
Animemos ás nenas a preguntar, experimentar e soñar sen límites.
lunes, 9 de febrero de 2026
Escarlatina no Ruxi Club
Na primeira xuntanza do Ruxi Club co grupo 2 despois das vacacións de Nadal estivemos a falar e debatir sobre a lectura que a rapazada rematau de ler durante o periodo vacacional, "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.

Resultou ser unha lectura moi divertida e amena na que se presentan varias receitas de cociña que teñen moi boa pinta.
Despois de comentar o libro damos por rematada a lectura e quedamos para a próxima xuntanza no comedor e así poder elaborar e logo degustar algunha das receitas que aparecen no libro.
Club de lectura, grupo 1: Nata y chocolate
O pasado venres tivemos unha nova xuntanza do Ruxi Club co Grupo 1, nesta ocasión estivemos a comentar como vai a lectura do novo libro que están a ler, "Nata y Chocolate" de Alicia Borrás Sanjurjo.
Está resultando ser unha lectura moi interesante, que trata un tema moi presente nas aulas necesario abordar e falar sobre el, o acoso escolar, como detectalo e saber que medidas adoptar... unha lectura que nos fai reflexionar e que ata o de agora está gustando moito.
Acordamos rematar o libro para a próxima xuntanza.
Receitas riquísimas no Ruxi Club
O venres tivemos unha nova xuntanza co Ruxi Club, Grupo 2.
Nesta ocasión a reunión non foi na biblioteca, como é habitual, foi no comedor, onde, cos ingredientes que tiñamos, elaboramos algunhas das receitas que aparecen no libro de Ledicia Costas que acabamos de rematar, "Escarlatina, a cociñeira defunta".
Resultou ser unha xuntanza moi divertida na que compartimos opinións sobre o libro e, sobre todo, degustamos as receitas elaboradas. Unha experiencia para repetir.
lunes, 2 de febrero de 2026
1,2,3... ENTROIDO!
Co Petardazo en Xinzo de Limia comezamos a troula, chega o ENTROIDO, unha das nosas festas galegas favoritas.
Queredes saber que é o entroido? Premede no vídeo para coñecer datos interesantes desta festa tan divertida.
viernes, 30 de enero de 2026
A ARTE QUE FALA
Creando Mensaxes de Paz e Crítica Social
Para conmemorar o Día da Paz, puxemos en marcha un proxecto colectivo onde o noso alumnado demostra que a arte é unha poderosa ferramenta de crítica social e pacifismo, explorando varias liñas de traballo:
Simboloxía Urbana: Analizamos a linguaxe de artistas como Banksy, Obey e Jocapi, centrándonos no contraste entre a violencia e a natureza (flores e pombas fronte a obxectos bélicos).
Mafalda e os Dereitos Humanos: Inspirándonos no humor crítico de Quino, traballamos a conciencia social dando voz aos nosos cativos.
Banksy: O seu símbolo máis icónico é o Love is in the Air (Flower Thrower). Substitúe un cóctel Molotov por un ramo de flores, transformando un xesto de violencia nun acto de esperanza. Alumnos/as de 5º e 6º EP.
OBEY: "As flores son as nosas armas." Deseñando con cores potentes e formas xeométricas definidas e unha mensaxe visual directa a prol da paz:"Sementa flores, non bombas."
Ademais, o alumnado de 3º participou nunha actividade diferente na que deseñaron e crearon chapas e gravaron mensaxes de paz, compartindo palabras de respecto, amizade e solidaridade. Un pequeno xesto cheo de significado para construír un mundo mellor.
lunes, 26 de enero de 2026
Ler e xogar no Ruxi Club
Despois das vacacións de Nadal retomamos as xuntanzas do Ruxi Club, nesta ocasión co Grupo 1 que remataron o libro que estaban a ler "Altas Aspiraciones" de Charlie Feedwood.
Comentamos, debatimos e tivemos tempo para a xogar ao Pasapalabra do libro.
Tamén houbo tempo para escoller a próxima lectura, algo que costou bastante xa que había moi boas opcións.
A seguinte lectura será "Nata y Chocolate" da autora Alicia Borrás Sanjurjo.
jueves, 15 de enero de 2026
FRAGA DA DIVERSIDADE
As ÁRBORES DA PAZ medran no noso cole
Hai persoas que plantan sementes… e hai persoas que plantan esperanza.
Unha delas foi Wangari Maathai.
Wangari naceu en Kenia e aprendeu desde pequena que as árbores falan, aínda que non teñan voz. Contan historias de auga limpa, de animais, de sombra e de vida. Por iso decidiu plantar árbores para coidar a Terra e tamén ás persoas.
Ela dicía que cando plantamos unha árbore, estamos a plantar paz. Para Wangari Maathai, as árbores eran moito máis ca plantas: eran unha ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas e fomentar a paz. Polo seu compromiso co medio ambiente e coa xustiza social, recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004. (primeira muller africana en recibilo).
E así comezou un gran movemento no que miles de mulleres en precaria situación económica uniron as súas mans para encher o mundo de verde.
O alumnado de 2º conta a historia de Wangari a través do conto "Wangari e as árbores da Paz". Ademais gravaron unha canción tradicional africana para acompañar.
No noso colexio tamén queremos escoitar ás árbores. Coa creación da Fraga da Diversidade, cada árbore representa un valor: o respecto, a amizade, a igualdade, a convivencia e o amor pola natureza.
Cada vez que regamos, coidamos e observamos a nosa fraga, lembramos que o futuro medra pouco a pouco… igual ca unha árbore, promovendo valores como o respecto pola natureza, a convivencia, a igualdade e a responsabilidade ambiental.
Este proxecto axúdanos a comprender que o coidado do medio ambiente é unha tarefa compartida e que, a través de accións sinxelas como plantar unha árbore, podemos contribuír a un mundo mellor.
miércoles, 14 de enero de 2026
Recomendacións Día da Paz
jueves, 8 de enero de 2026
Última xuntanza dos clubs de lectura
Chegamos ao final do trimestre e tivemos a derradeira xuntanza do 2025. Seguimos coa lectura da novela de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones". Está gustando moito, aproveitaremos para rematala durante as vacacións de Nadal.
Como co grupo anterior, tivemos a derradeira xuntanza do 2025 co Grupo 2. Nesta ocasión demos por rematada a novela que estabamos a ler, ¿Quién quiere ser e novio de mi hermana? de Maite Carranza.
Xogamos ao Pasapalabra do libro e escollemos a próxima lectura, "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.







