lunes, 25 de febrero de 2013

Misterio resolto

Ola amiguiños!!

Como xa sabedes, durante as últimas semanas tivemos unha visita moi especial no colexio, pero á vez, unha visita algo desconcertante e un pouco intrigante porque sin saber de ónde saíron nin por qué viñeron, DÚAS FERMOSAS ÁRBORES apareceron na nosa escola e, dende entón, aquí decidiron quedar.

Moitas e moi diferentes foron as ideas que fóstedes dando para tentar explicar de quén se trataba e qué viñan facer ao noso colexio. Pois ben, non tedes que seguir dándolle máis voltas á cabeciña porque a solución a todo este misterio a podedes atopar no seguinte vídeo.

Un RUXI - SAÚDO a todos e lembrade, agardámosvos na biblioteca!!



Se tés problemas ao ver o video, podes consultar este outro enlace: VIDEO EN ALTA CALIDADE

lunes, 4 de febrero de 2013

BENVIDOS AO NOSO BLOG!!

Ola rapaces!!!!

Hoxe é un día moi especial para o CEIP "O Ruxidoiro" e, máis concretamente, para a nosa biblioteca pois hoxe celebramos a inauguración do noso blog.

Nel poderedes informarvos de todo o que ao longo do curso iremos facendo na biblioteca (actividades, xogos, concursos, adquisición de libros...) ademáis de atopar diferentes e variados recursos que poden servos de utilidade, tanto para as vosas tarefas escolares como para usalos no voso tempo de lecer.

Agardamos que vos guste o noso recén estreado blog e recibide dende a biblioteca unha calurosa RUXI - BENVIDA!!!!!!!