viernes, 31 de marzo de 2023

viernes, 24 de marzo de 2023

Día mundial do clima


Todos e todas podemos poñer o noso gran de area. 
Na biblioteca podedes atopar libros e contos para coñecer o problema do cambio climático e posibles solucións que contribúan a mellorar a situación do planeta.
Un gran de area fai unha montaña!

miércoles, 22 de marzo de 2023

Día mundial da auga

 Día Mundial da Agua celébrase o 22 de marzo de cada ano.

O seu principal obxectivo é xerar conciencia sobre a importancia de coidar o denominado "ouro líquido", para a vida dos seres humanos e das especies na Terra.

Coa celebración desta efeméride se pretende dar a coñecer a crise mundial da auga e a problemática que afrontan millóns de persoas que non teñen acceso ao subministro de auga potable, así como as medidas urxentes que se deben tomar ao respecto. 

Que pasaría se nos quedamos sen auga na Terra?

Sabes que porcentaxe de auga ten o noso corpo?

Sabías que a maior parte da Terra está formada por auga nos seus distintos estados: líquido, gasoso e sólido?

Queredes saber máis?

Na biblioteca atoparedes todas as respostas a estas e a outras preguntas. 

martes, 21 de marzo de 2023

Día Internacional dos bosques

 Hoxe, 21 de marzo celebramos o

Día Internacional dos bosques. 

O principal obxectivo desta conmemoración é crear conciencia sobre a importancia de coidar e preservar todas as áreas forestais do planeta e con iso a supervivencia de todas as especies.

                Sabíades que  os bosques son considerados

                                        os pulmóns da Terra?

Pasade pola biblioteca para averiguar a importancia dos bosques e das árbores no noso planeta!

lunes, 20 de marzo de 2023

DÍA DA POESÍA

 Hoxe é o día da poesía e na biblioteca queremos celebralo con POESÍA PARA LEVAR: pequenos poemas que escollades da sección de poesía da nosa biblioteca. 

Deixaremos unhas folliñas de cores na zona de novidades da biblioteca para que escribades algunha estrofa do voso poema favorito. 

Tamén podedes ser atrevidos e escribir os voso propio poema.

Decoraremos as paredes do corredor da biblioteca con todos os poemas.

Escribimos?



Día Mundial do Síndrome de Down

En decembro de 2011, a Asemblea Xeral designou o 21 d emarzo como Día Mundial do Síndrome de Down.

 Con esta celebración, a ONU quere xerar unha maior conciencia pública sobre a cuestión e lembrar a dignidade, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das comunidades. Asemade, quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade de tomar as súas propias decisións.

Desde as entidades Down España puxeron en marcha unha campaña para concienciar que as persoas con este síndrome non son un estereotipo, son moito máis. 

Premede AQUÍ para saber que é o síndrome de Down.

Persoas con síndrome de down que chegaron moi lonxe:


Pablo Pineda
é o primeiro licenciado europeo con este síndrome, o que lle perimtiu tamén dar clases na universidade.

É mestre, presentador, escritos e percorre o país dando conferencias para eliminar os prexuízos existentes sobre as persoas con esta discapacidade.

Gloria Ramos é unha das protagonistas da película "Campeones" dirixida por javier Fesser. A primeira actriz con discapacidade intelectual nominada aos premios Goya na categoría de "Mellor actriz Revelación"



- Bárbara Wetzel gañou en 2015 o Campionato Mundial de Ximnasia Artística na categoría Junior, nun evento da Organziación Internacional de Atletas de ximnasia con Síndrome de Down. En 2018 acadou o éxito ao conseguir o primeiro posto en "All around" e agora pelexa polo título mundial.

                                          


- Marián Ávila é, con só 21 anos, a primeira española con síndrome de down en desfilar durante a semana da Moda de Nova Iorque


E moitos máis!!!

Queredes axudalos a que a súa mensaxe chegue máis lonxe?


O martes 21 de marzo, visitade a nosa biblioteca e farémonos unha foto  co signo  +. 
Ou ben podedes facervos unha foto en familia e compartila nas redes sociais.
#NoSomosunEstereotipo
somos mucho más

domingo, 19 de marzo de 2023

DETECTIVES EN CHANCLAS NA RADIO

 Como xa vai sendo habitual, unha vez que rematamos de ler un libro no Club de Lectura, un pequeno grupo de rapaces/as sube á radio para gravar un podcast e así falarnos del, recomendalo ou desaconsellalo.

Neste caso, Nelson e Sofía viñeron á radio para falarnos sobre o libro de Paloma Muiña "Detectives en chanclas".

NOVA LECTURA, "SOPA DE EUROPA"

 O pasado venres tivemos unha nova reunión no Club de Lectura co Grupo 1.

A rapazada, por unanimidade, escollera como seguinte lectura o libro de Rafael Ordóñez "Sopa de Europa". Nesta reunión comentamos como vai esta lectura, se lles gusta, se están aprendendo cousas curiosas do continente europeo, se algún personaxe lles gusta máis ca outro...

Parece que este libro tamén lles está a gustar bastante.



domingo, 12 de marzo de 2023

"¿QUIERES SER EL NOVIO DE MI HERMANA?" EN LA RADIO

 O pasado venres Yanay, Mauro e Sara visitaron a radio para falarnos do último libro que leron no Club de Lectura

 "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" de Maite Carranza.

Gustoulles moito e recoméndano aos seus compañeiros/as.

Aquí tedes a gravación...


miércoles, 8 de marzo de 2023

Mes da muller, poesía e Rosalía

 Na nosa biblioteca adicamos este mes de marzo
 ás mulleres, á poesía e a Rosalía.
Non hai mellor combinación!
Se premedes AQUÍ podedes achegarvos a varias ligazóns sobre mulleres bravas da nosa terra; mulleres poetas, científicas, escritoras, artistas, matemáticas... 
As mulleres tamén contamos porque temos moito que contar!

No espazo de exposicións da biblioteca podedes atopar un sinfín de libros e contos escritos por mulleres, libros sobre igualdade e diversidade, libros de poemas para expresar sentimentos e emocións... 
O alumnado de 6ºA gravou na radio este fermoso manifesto sobre a igualdade.

Esperamos a vosa visita!
Traballo realizado polo alumnado de 4ºA



domingo, 5 de marzo de 2023

Pasapalabra de "Detectives en chanclas"

 Como xa ven sendo habitual os venres toca Club de lectura. Este venres reunímonos co Grupo 1 para dar por rematado o libro "Detectives en chanclas" da autora Paloma Muiña.

A rapazada comentou que o libro lles gustou moito e que disfrutaron moito da súa lectura. Tamén, e xa empeza a ser un clásico, ao rematar de comentar o libro a mestra responsable do club fíxolles, a modo de xogo, un Pasapalabra sobre o libro. Pasámolo moi ben!