lunes, 13 de enero de 2014

Nova sección para o noso Clube de Lectura!!

Ola amiguiños!!

Este ano, e a vista do éxito acadado no clube de lectura durante o pasado curso, decidimos dar un maior protagonismo ao mesmo no noso blog para que todos vós poidades participar de maneira máis directa no mesmo. 

Para iso, na sección de "Clube de Lectura Paseniño" do noso blog, creamos un enlace a un espacio único e exclusivo para que todos os membros dos diferentes grupos creados no clube de lectura poidades ter á man toda a información necesaria así como deixar os vosos comentarios e opinións dunha maneira máis dinámica e interactiva.

Agardamos que vos sexa de utilidade e, sobre todo, que vos guste a nova imaxe que lle demos. 

Un RUXI - SAÚDO!!


Arranca o Clube de Lectura Paseniño 2013 - 2014

Ola amiguiños!!

Un ano máis, o Clube de Lectura da nosa biblioteca comeza a súa andaina. Este ano os mestres  coordinadores encargados de dirixir os diferentes grupos do Clube de Lectura Paseniño serán:

- 1º ciclo: Dna. Ánxela González
- 2º ciclo: Dna. Irene Veiga
- 3º ciclo: Dna. Esperanza de León González

Os libros seleccionados este ano para cada un dos ciclos e grupos creados son:

2º de Educación Primaria



3º e 4º de Educación Primaria



5º de Educación Primaria



6º de Educación Primaria


 Un RUXI - SAÚDO  e non dubidedes en apuntarvos!!

jueves, 9 de enero de 2014

Regalo de Reis!!

Ola amiguiños!!

Este Nadal os Reis Magos deixáronnos un agasallo para os nenos do colexio. Así, cando chegamos á escola atopamos un paquetiño dirixido á biblioteca do CEIP "O Ruxidoiro" no que había nada máis e nada menos que... uns e-readers!! Si, si, uns e-readers para a nosa biblioteca. 

Para que saibades un pouquiño máis acerca destes novos dispositivos cos que contamos agora na biblioteca aquí vos deixamos algunha información útil sobre os mesmos.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


Benvidos de novo!!




Xa estamos de volta das vacacións de Nadal. Agardamos que o pasarades moi ben durante estas datas tan sinaladas e que veñades cheos de enerxía para comezar o segundo trimestre. Un RUXI - SAÚDO e benvidos de novo!!


Ola amiguiños!!