lunes, 22 de abril de 2024

DÍA DO LIBRO

 


APADRIÑAMENTOS LECTORES

Un ano máis, o alumnado de infantil, 1 e 2º de primaria
terá unha sesión de contacontos a cargo dos maiores do cole.
Podemos contar os contos de mil maneiras: recitando, lendo, versionando, contos musicados, interpretando... 
Como o 22 de abril é o Día da Terra recomendamos que as lecturas compartidas sexan relacionados co coidado do noso planeta.

AMIGO INVISIBLE DE LIBROS
O profesorado participa tamén intercambio libros a través do amig@ invisible. Os libros serán unha sorpresa.
Que lectura tocará?

viernes, 19 de abril de 2024

DÍA DA TERRA

 


Visitade a exposición adicada ao noso planeta. 
Terra, feliz día!
Esperámosvos na biblioteca!

martes, 2 de abril de 2024

Día do libro infantil e xuvenil

 


Dende 1967 o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil celébrase o 2 de abril, coincidindo co nacemento do escritor danés Hans Christian Andersen, autor de contos como ‘La Sirenita’, ‘El patito feo’ ou ‘El soldadito de plomo’. O obxectivo é espertar o interese e o amor polos libros e a lectura para a infancia e a mocidade e convertelo nun hábito da vida.

A lectura pode axudarnos a potenciar a imaxinación, a empatía, a creatividade e a linguaxe, esencial nas primeras etapas do desenvolvemento.

 Dende a biblioteca do noso cole, propomos as seguintes actividades para celebrar este día:

- Lectura en familia: cando lemos con eles compartimos tempo de calidade que axuda a reforzar o noso vínculo.

- Recomendación do noso libro favorito.

- Visitar a biblioteca do cole ou da túa zona.

- Compartir libros coas túas amizades.

- Contar un conto aos teus maiores: papá, mamá, avó, avoa...

Pensades nalgunha outra actividade para celebrar este día?

Sabíades que o 2 de abril tamén se celebra o Día do Mundial de Concienciación do Autismo?

O trastorno do espectro do autismo (TEA) é unha condición que afecta á forma de pensar e comportarse, á comunicación e á interacción cos demais. 

As nosas recomendacións lectoras van encamiñadas á concienciación e coñecemento destes trastorno. 


Aplicación móbil con contos interactivos.





... E moitos máis!



viernes, 22 de marzo de 2024

Contacontos con Xana

 

O 22 de marzo visitou o noso centro unha cadeliña de Intervención asistida acompañada de Nuria.

Visitaron as aulas de Educación Infantil e, ademais, contaron un conto ao alumnado de 2º de Educación Primaria.

"Por catro esquiniñas de nada", Jérome Ruillier. Un conto de apariencia moi simple pero que agocha unha gran lección. Un conto sobre a amizade, a diferenza e a inclusión. 

Velaí tedes un vídeo dos mellores momentos desta visita. Premede na imaxe:

lunes, 18 de marzo de 2024

Polos creativos

 Ao longo do mes de marzo e co gallo de conmemorar a 

Rosalía de Castro e o mes de muller, fixemos obradoiros de chapas con diferentes grupos do centro.

Desde a biblioteca queremos agradecer a Juanlu Nacha, ilustrador galego, por emprestarnos a súa ilustración de Rosalía de Castro.

Velaí tedes o resultado. Premede na imaxe para ver un pequeno vídeo resumo da actividade.


viernes, 15 de marzo de 2024

Animación á lectura

 O pasado 15 de marzo visitou a nosa biblioteca o autor do conto de Súperavoa, David Rodríguez.

O alumnado de 1º e 2º compartiu os súperpoderes que teñen as nosas avoas: dar mimos, curar as feridas, cociñar receitas soborosas, contar historias fermosas, facernos rir, sandar as penas...

Que faríamos nós sen as nosas avoas?

martes, 12 de marzo de 2024

Detectives en chanclas na radio

 Unha vez que rematamos de ler e debatir sobre a última lectura traballada co Grupo 1 do Club de Lectura, "Detectives en chanclas" de Palomoa Muiña, Alba, Álvaro, Laura Araújo, Iker e Laura Atanes quixeron ir á Ruxi Radio a falarnos desta lectura.

Son uns profesionais!!!



lunes, 11 de marzo de 2024

Detectives en chanclas

 Este venres tivemos unha nova reunión co Club de Lectura, neste caso co Grupo 1. O libro do que estivemos a conversar e debatir é "Detectives en chanclas" da autora Paloma Muiña.

A rapazada comentou que foi unha lectura moi entretida, divertida con moita intriga.

                         

 

Como xa ven sendo habitual, ao dar por rematada unha lectura, a coordinadora do Club de Lectura prepáralles aos participantes un "Pasapalabra" sobre o libro. Cada día hai máis expectación ante quen será o/a que responda de forma correcta máis preguntas...

                          

 

A próxima lectura escollida pola rapazada é "Unha veciña de película" da autora Íria Misa, quen pronto nos fará unha visita.

                                    

miércoles, 6 de marzo de 2024

Biblioteca pública "Nós"

 Esta semana o alumnado de 6º de Educación Primaria visitou a Biblioteca Pública "Nós" en Ourense. Foi una actividade organizada polo Club de Lectura da Biblioteca do noso colexio en colaboración coa Biblioteca Pública "Nós".

Fixemos unha visita guiada por todas as instalacións da Biblioteca.

                   

Logo Cristina, a encargada da Biblioteca "Nós", explicounos o funcionamento da mesma.

E para rematar participamos nun xogo de pistas buscando libros polos andeis. 

Resultou moi divertido!

                           

Foi unha visita moi interesante, amena, divertida e superrecomendable. Agradecemos a Cristina e a todas as persoas que traballan na "Nós" pola boa acollida e o trato recibido. Moitas Grazas!

                     

Aproveitamos esta visita a Ourense para traballar determinados lugares de relevancia da cidade. Por grupos, o alumnado preparou unha exposición dos seguintes lugares de Ourense.

  • Catedral de Ourense e Praza do Trigo.
  • Praza da Magdalena.
  • Igrexa de Santa María Nai.
  • Praza Moior/ Concello de Ourense.
  • As Burgas.

                               

Recomendamos esta visita a toda a Comunidade Educativa do noso centro.

martes, 5 de marzo de 2024

Palabras de caramelo

 Como xa é costume, o pasado venres tivemos unha nova reunión co Club de Lectura, neste caso co Grupo 2.

Os participantes do Club escolleran como nova lectura o libro de  Gonzalo Moure "Palabras de Caramelo".

Todos coincidimos que é unha lectura rápida, amena pero moi triste e emotiva na que ao  final se pode extraer unha bonita lección. Recomendámola!

Camila, Candela e Ana gravaron na radio as súas recomendacións.

lunes, 4 de marzo de 2024

Gravación na radio co grupo 2

 O Grupo 2 do Club de Lectura rematou de ler o libro de Maite Carranza, "Quieres ser el novio de mi hermana?. 

Camila, Silvia e Candela visitaron a radio para recomendar esta lectura. 

lunes, 19 de febrero de 2024

Rematamos "Plan de rescate" co grupo 1

 Como cada venres houbo unha nova reunión do Club de Lectura, nesta ocasión o Grupo 1. Rematamos de ler o libro "Plan de rescate" da autora Antía Yáñez.

A rapazada falou moi ben desta lectura, gustoulles moito e a maioría coincide en que foi o mellor libro lido ata o de agora no Club de Lectura.

                         

Ao rematar o debate sobre esta lectura, como xa ven sendo habitual, a coordinadora do Club de Lectura fíxolles aos participantes un "Pasapalabra" sobre o libro, pasámolo moi ben!

                          

Una alumna participante do Club de Lectura fixo un traballo sobre este libro, unha vez máis Noa Gil impresionanos co seu traballo.

Que marabilla Noa!

Quedamos abraiados coa dedicación e ilusión coa que sempre nos sorprendes. Parabéns Noa!

Alba, Martina, Álvaro e Laura subiron á radio para falarnos deste libro...

Grazas a Aixa que foi quen levou a batuta desta conversa!                                    

Morriña de Rosalía

Actividades e recursos sobre esta increíble autora. Premede na imaxe:



Para lembrar a Rosalía e levala preto do corazón os equipos de dinamización da lingua e biblioteca ofertan un obradoiro de chapas. Animádesvos a participar?

jueves, 1 de febrero de 2024

Día da ciencia da muller e da nena

  11 de febreiro: AS MULLERES SON CIENTÍFICAS!

Foi proclamado no ano 2015 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas co fin de lograr o acceso e participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas. E por que credes que non coñecemos tantas mulleres científicas? 

Será porque as mulleres tiveron máis dificultades de acceso á educación? 
Algunhas ata se tiveron que disfrazar de homes para poder estudar nas universidade!
Aquí vos deixamos propostas para investigar e pescudar sobre mulleres científicas. 

Coñecedes o efecto Matilda?  #NOMOREMATILDAS

Na biblioteca atoparedes lecturas diversas  sobre mulleres na ciencia.

#OXÉNERONONTENTALENTO


miércoles, 31 de enero de 2024

CUNHA LEDICIA SEN PAR, CHEGA O... ENTROIDO!

 ¿Que será que cando chega

cunha ledicia sen par,

a xente tápase a cara

e logo ponse a bailar?

Comeza o TEMPO DE TROULA,  a festa que máis nos gusta: 
O ENTROIDO!
O Meco do Ruxidoiro xa nos enviou os MANDADOS.
Comezamos o luns,5 de febreiro!

Seguimos coa troula cunha manchea de recursos e actividades.

martes, 30 de enero de 2024

Plan de rescate, grupo 1

 O pasado venres tivemos unha nova xuntanza do Club de Lectura co Grupo 1. Estamos a ler o libro de Antía Yáñez, "Plan de Rescate", un clásico no Club e sinónimo de éxito coa rapazada. Nesta ocasión acordamos ler ata a metade do libro (aínda que houbo quen non parou de ler ata rematalo).

O alumnado coincide en que lles está a gustar moito e que contén todos os  ingredientes necesarios para manter a intriga ata o final...

Na próxima xuntanza remataremos o libro.