miércoles, 18 de noviembre de 2020

25 DE NOVEMBRO: MULLERES GALEGAS PIONEIRAS

 

Desde o equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega queremos facervos unha porposta: traballar sobre mulleres galegas pioneiras. 

Cada clase pode escoller unha muller galega pioneira no seu ámbito ou profesión. Podedes realizar exposicións orais para presentar os vosos traballos e, ademais, na clase de plástica realizar colaxes, debuxos, caricaturas… para completar o traballo de aula. 

Deixamos unhas recomendacións lectoras.

ANIMÁDEVOS A SER PIONEIR@S!

viernes, 6 de noviembre de 2020

Obradoiro de ilustración con Anxo Fariña

 

O alumnado de quinto e sexto participou nun Obradoiro de ilustración con AnxoFariña. A través da actividade “A cidade violeta”, ilustrando pola igualdade, o alumnado aprendeu o traballo dos ilustradores dos contos e libros que len, ademáis de potenciar a súa creatividade e imaxinación.




martes, 3 de noviembre de 2020

Concurso de relatos terroríficos de Samaín

  O equipo de biblioteca e de dinamización da lingua galega agradece ao alumnado a súa participación no concurso de relatos terroríficos de Samaín.

Premede na imaxe para ver os premiad@s!