miércoles, 29 de noviembre de 2023

Día da discapacidade

 

TODO O BO COMEZA SEN BARREIRAS!

A Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006 e asinada por 180 países di:

"A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais"

E pide que as persoas con discapacidade podan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade.

Solicita aos Estados que tomen as medidas apropiadas para darlles pleno acceso ña actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos á súa integración.

#DiaInternacionalDasPersoasConDiscapacidade

No Ruxidoiro, lembramos a personaxes famosos e históricos que chegaron moi lonxe a pesar da súa discapacidade e a pesar de todas as barreiras que atoparon no camiño. 

Son un exemplo de superación que nos amosan cada día que o esforzo e a constancia teñen a súa recompensa. Persoas que non ven un problema  na súa discapacidade senón unha oportunidade de avanzar e superarse a si mesmas.


 

                    #TodooBoComezaSenBarreiras

Deixamos nesta presentación os nosos traballos e unhas recomendacións lectoras.

Aceptamos suxestións para ampliar os títulos da biblioteca!

 

dia da discapacidade de Marta Alvarez 



lunes, 27 de noviembre de 2023

Isto é rock!

Seguindo o noso proxecto RuxiARTe, no que estamos a traballar sobre as súas diferentes disciplinas, este luns visitounos  Javier Becerra, periodista e escritor de diferentes títulos relacionados coa música.

Coa súa axuda o alumnado de sexto foi facendo un percorrido do ROCK desde os anos 50 ata a actualidade.

O alumnado disfrutou de boa música e de moitas anécdotas relacionadas con moitos grupos e artistas.


 

jueves, 23 de noviembre de 2023

#ACABOUSE

Contra a violencia machista o alumnado do Ruxidoiro di   #acabouse
Na biblioteca temos as nosas lentes violetas porque cremos nun mundo sen violencia, nun mundo onde os homes e as mulleres, as nenas e os nenos sexan tratados co mesmo respecto.
 
En infantil, miramos o mundo con lentes violetas
O alumnado de 6º gravou na radio un manifesto contra a violencia de xénero, logo dunha reflexión nas aulas das distintas violencias, os estereotipos., micromachismos... Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.


O alumnado do 1º ciclo reflexionamos sobre o consentimento a través dos contos.
Como saudamos aos adultos?
Temos a obriga de bicar ou dar apertas se non queremos? 

 As nenas e os nenos temos dereito a decidir a quen bicar e cando bicar. Os adultos temos a responsabilidade de escoitar e respectar as súas decisións.

As nenas e os nenos de 2º gravamos na radio o noso manifesto. 

"Nin un biquiño á forza"

Premede na imaxe para escoitar o seu manifesto.


 Ademais fixemos a nosa versión do mesmo conto. Velaí vos deixamos o resultado.

Traballamos nas aulas sobre os estereotipos, contra todas as violencias, a importancia do consentimento e berramos #acabouse

 

jueves, 16 de noviembre de 2023

DÍA UNIVERSAL DOS DEREITOS DA INFANCIA

                                               

O 2O  de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Nen@, tamén coñecido como o Día Universal da Infancia. 

É unha data que nos fai lembrar que os adultos somos os primeiros e únicos responsables de cumprir e facer cumprir que todos os nenos e nenas, sen ningún tipo de distinción nin discriminación, teñan todos os seus dereitos: ser educado, coidado e protexido, que ten dereito a divertirse, a aprender e a expresarse e que ademais, todos os nenos e nenas teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en tódolos aspectos.

Na biblioteca tedes á vosa disposición unha exposición con contos e libros relacionados coa temática.


Na biblioteca podedes atopar moitas lecturas interesantes sobre os vosos dereitos e historias que nos contan como son as vidas de nenos e nenas noutros países. 

Aí vos deixamos algunhas recomendacións!



       




  Lembramos os dereitos da infancia?

 Para coñecer máis e comprobar o que sabes sobre os teus dereitos aquí vos deixamos un TRIVIAL.

martes, 14 de noviembre de 2023

MIRAMOS CON LENTES VIOLETAS

 Ao longo deste curso, comezando coa conmemoración do Día contra as violencias machistas, o equipo de convivencia propón unha serie de actividades para mirar o mundo que nos rodea con LENTES VIOLETAS.

Reflexións nas aulas sobre os estereotipos, os micromachismos; analizamos letras das cancións que escoitamos, as series que vemos, os "influencers" que seguimos e os libros que lemos e temos nas aulas. 

Na biblioteca tedes unha urna para deixar as vosas reflexións. Animamos ás familias a participar!


Desde a biblioteca facemos as seguintes recomendacións lectoras, xogos e cortos que iremos ampliando coas vosas aportacións. Esperamos as vosas suxestións!

 

Made with Padlet

miércoles, 8 de noviembre de 2023

MES DA CIENCIA

 Iniciamos curso con novos proxectos na biblioteca: 

O CLUB DE CIENCIAS

Neste mes de novembro: 

 

Nas aulas e na biblioteca imos facendo os nosos experimentos. 

En 5º de educación infantil chegou unha misteriosa carta do profesor Aguado. Nela, propoñía un reto para o alumnado.

Con tres utensilios: coador, embude e esponxa,

Seredes quen de trasvasar a auga dun recipiente ao outro? 

Pensando e probando... adiviñaron como facelo!

 

O alumnado de 2º aproveitou o Samaín para facer o experimento "O globo máxico"

 

domingo, 5 de noviembre de 2023

Tempo de magosto

 Tempo de outono, tempo de unha das nosas festas tradicionais favoritas: 

                    O MAGOSTO!

Aí deixamos unha recompilación de recursos interesantes para aprender máis sobre esta festa: cantigas, adiviñas, refráns, xogos, imprimibles e contos.

       Premede na imaxe.