lunes, 1 de diciembre de 2014

Preparade as pinturas!!

Ola amiguiños!!

Nesta ocasión estamos aquí para informarvos de que xa está en marcha o noso tradicional concurso de Postais de Nadal, co gaio da celebración destas festas tan sinaladas e para as que xa non queda case nada.

Todos aqueles nenos e nenas que desexedes participar deberedes ter en conta as seguintes normas:

1) O formato no que realizaredes a vosa postal de nadal debe ser  tamaño A5 (medio folio por unha soa cara).

2) No reverso da folla deberá constar o teu nome, apelidos e curso.

3) Os debuxos deben ser orixinais e non poderán levar ningún tipo de material en relevo (purpurinas, recortes, efectos de neve...).

4) As postais entregarédesllas aos vosos titores para a súa posterior exposición.

5) Haberá tres categorías de participación: Educación Infantil, 1º-2º-3º de Educación Primaria e 4º-5º-6º de Educación Primaria.

6) De cada categoría escolleranse 7 postais como primeiras clasificadas que serán enviadas ao concurso de postais que organiza o Concello de Barbadás.

7) O xurado do colexio escollerá a continuación 2 postais gañadoras en cada categoría de entre as 7 postais que se seleccionaron como primeiras clasificadas.

8) Finalmente, de entre as 6 postais gañadoras (2 por categoría), escollerase a postal finalista coa que se realizará a postal de felicitación de Nadal do CEIP "O Ruxidoiro".

Non o dubidedes... collede os vosos lápices de cores e animádevos a participar. 

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

viernes, 28 de noviembre de 2014

Xa chegan as mochilas viaxeiras!!

Ola amiguiños!!

Un ano máis, o Equipo de Biblioteca está a preparar as mochilas viaxeiras para que poidades levar para casa durante o presente curso. Nelas atoparedes unha selección de lecturas dirixidas non só a vós, nenos e nenas do CEIP "O Ruxidoiro", senon tamén ao resto de membros da vosa familia: pais, nais, irmáns, avós...

Agardamos que disfrutedes da selección de títulos que escollemos este ano para que disfrutedes dun tempo de lectura todos xuntos en familia. Un RUXI - SAÚDO a todos!!




martes, 18 de noviembre de 2014

Menuda festa de Magosto que tivemos!!

Ola amiguiños!!

Como ben lembraredes, a semana pasada celebramos no colexio o Magosto, celebración na que nenos e nenas, mestres e mestras, disfrutamos todos xuntos do saboroso gusto das castañas ademáis de compartir uns moi divertidos momentos preparando a fogueira, asando as castañas e, por último, coméndoas todos xuntos.

Para lembrar o ben que o pasamos este ano no magosto deste ano aquí vos deixamos un video. Agardamos que vos guste. Un RUXI - SAÚDO e ata o vindeiro ano!! 


lunes, 10 de noviembre de 2014

Xa chega o Magosto!!

Ola amiguiños!!

Recén saídos da celebración do Samaín, estamos xa preparados para acometer a celebración do Magosto que, neste ano, contará coa tradicional fogata, asado e degustación de castañas o día 10 de novembro no patio do colexio a partires das 12:15 aproximadamente.

Do mesmo xeito, tamén están en marcha os tradicionais concursos que organizamos na escola e que ano a ano estanse a convertir nun auténtico referente dentro da nosa comunidade educativa. Este ano as categorías nas que se poderá participar son:



Lembrade que podedes participar en calquera das categorías do concurso ou, se o preferides, incluso en todas elas. Só tedes que traer as vosas creacións e depositalas no lugar correspondente que está preparado na entrada do colexio.


Un RUXI - SAÚDO a todos e lembrade... a disfrutar do Magosto!!



Lembrando o Samaín

Ola amiguiños!!

Pasado o Samaín é tempo de lembrar o ben que o pasamos. Coma todos os anos tivemos unha extraordinaria e espectacular exposición de cabaciñas que os nenos e nenas do colexio elaboraron nas súas casas. O certo é que este ano o nivel foi espectacular!!



Tamén tivo lugar o tradicional concurso de cabaciñas, en donde saíron galardonados como gañadores deste ano polas súas fantásticas creacións os seguintes alumnos:


- Gañadora de Educación Infantil:

Xía Aparicio

- Gañador de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria:

Uxía Vázquez

- Gañador de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria:

Anxo Estévez


Xa para rematar, lembrar canto disfrutaron os nenos de Educación Infantilcos cos relatos de medo que os seus compañeiros de 6º de Educación Primaria lles leron. Foi algo terrorífico!!!




Un RUXI - SAÚDO e ata o vindeiro Halloween!!

martes, 28 de octubre de 2014

Ola amiguiños!!

Un ano máis está en marcha o concurso de cabazas de Halloween. Lembrámosvos que podedes participar nel todos aqueles nenos e nenas que desexedes. Para que poidades inspirarvos de cara a elaborar a vosa propia creación aquí vos deixamos un video moi ilustrativo de cómo elaborar terroríficas e arrepiantes cabazas.

Un RUXI - SAÚDO a todos e lembrade... non dubidedes non participar... e en pedirlle axuda a un adulto para evitar que poidades ter un accidente!!




Preparándonos para o Samaín!!

Ola amiguiños!!

Un ano máis, todos os nenos e nenas do colexio estanse a preparar para a chegada do Samaín. A escola está collendo un aspecto terrorífico gracias ao traballo de nenos, mestres e pais e, pouco a pouco, unha atmósfera cada vez máis aterradora está invadindo o noso colexio.

Agardamos que disfrutedes moito do Samaín que celebraremos este curso na escola e animámosvos a todos a participar nas diferentes actividades programadas.

Un RUXI-SAÚDO a todos!!


martes, 14 de octubre de 2014

Que é AbalarMóbil?

Ola amiguiños!!

Neste curso, e continuando coa implantación iniciada o curso pasado no noso colexio, todas as familias teñen a posibilidade de incorporarse e formar parte do proxecto Abalar a través da aplicación AbalarMóbil.

Trátase dunha aplicación que lle vai permitir ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil  ou a través dunha tablet dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. 

As familias que descarguen AbalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

Acceder aos datos persoais
Consultar as cualificacións
Consultar e xustificar as faltas de asistencia
Consultar as faltas de conduta
Solicitar unha cita de titoría
Consultar os datos do centro educativo
Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

Para máis aclaracións, a Consellería de Educación ten a disposición de toda a comunidade educativa os seguintes recursos nos que se ofrece toda a información precisa sobre AbalarMóbil.

Un RUXI - SAÚDO  a todos!!


PULSAR AQUÍ

martes, 23 de septiembre de 2014

Un novo curso con todos vós!!


Colegio (61)

Ola amiguiños!!

Benvidos a todos!! Xa estamos de volta no colexio!! 

Un novo curso acaba de comezar e, coma sempre, aquí estamos dende a Biblioteca Escolar dispostos a propoñervos diferentes e divertidas actividades ao longo de todo o ano para que, todos xuntos, disfrutemos do fascinante mundo da lectura.

En breve iredes tendo noticias sobre as actividades que este ano iremos organizando. Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 30 de junio de 2014

Cerrado por vacacións



Ola amiguiños!!

Un ano máis, chegamos ao remate do curso. Logo dun ano cheo de experiencias, vivencias, actividades e moitos momentos fantásticos que puidemos vivir no CEIP "O Ruxidoiro", non nos queda máis que desexarvos unhas extraordinarias vacacións de verán a todos e todas: alumnos e mestres.

Vémonos no próximo curso e mentres tanto, o blog queda CERRADO POR VACACIÓNS!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

Moita sorte na nova etapa que agora comezades!!

Ola amiguiños!!

A semana pasada tivo lugar no salón de actos do CEIP "O Ruxidoiro" a cerimonia de graduación dos alumnos que estiveron escolarizados en 6º de Educación Primaria e que, unha vez chegado o final de curso, temos que despedir desexándolles moitísima sorte na nova etapa escolar e persoal que comezarán a partires de agora.

Tratouse dunha cerimonia cargada de sentimento, na que recordos, lembranzas e emocións afloraron inevitablemente logo de tantas e tantas vivencias compartidas.

Dende aquí a nosa pequena homenaxe a todos e todas vós, aos que vos lembramos que as portas do CEIP "O Ruxidoiro" estarán sempre abertas para recibirvos cando queirades vir facernos unha visita.





Noraboa aos nosos graduados e graduadas e... un RUXI - SAÚDO a todos!!

Descubrindo o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas


Ola amiguiños!!

Como ben sabedes, neste remate de curso, ao igual que todos os anos, os alumnos e alumnas do CEIP "O Ruxidoiro" disfrutan de diferentes saídas didáctico - pedagóxicas coas que completar e diversificar as aprendizaxes que adquiren nas aulas. 

Nesta ocasión, foron os compañeiros de 5º e 6º de Educación Primaria os que tiveron a oportunidade de visitar unha contorna tan espectacular como é o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.




Para que poidades todos coñecer algo máis deste verdadeiro tesouro natural galego aquí vos deixamos o enlace á páxina web do Parque Natural Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas para que poidades dispor dunha información completa acerca do mesmo así como das actividades que nel se ofertan, ademáis de algún video que agardamos vo guste e que, se é posible, vos anime a visitar tan fermoso paraxe natural nalgunha ocasión.

Un RUXI - SAÚDO  a todos!!


Páxina Web Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas




Descubrindo o mundo dos Asnos

Ola amiguiños!!

No conxunto de saídas didáctico - pedagóxicas que realizan os alumnos do CEIP "O Ruxidoiro" cara o fin de curso, nesta ocasión temos que destacar a visita que os alumnos de 1ºA e 1ºB fixeron hai unhas semanas á "Asociación para a Defensa, Recuperación e Estudo Terapéutico da Especie Asnal" (ANDREA) en San Salvador dos Penedos (concello de Allariz), en donde, tras unha pequena charla informativa inicial, puideron realizar diferentes e variadas actividades de mediación directa con estes animais e, todo elo, nun enclave natural excepcional como é a "Área de Allariz", declarada pola UNESCO reserva da biosfera en 2005.






E para que poidades coñecer algo máis acerca da fantástica labor que esta asociación realiza, aquí vos deixamos un enlace coa súa páxina web, en donde ademáis, atoparedes un artigo que a propia asoación publicou sobre a visita que os alumnos do CEIP "O Ruxidoiro" realizaron ás súas instalacións:

Páxina Web da Asociación "ANDREA"

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

jueves, 12 de junio de 2014

Disfrutando das historias da gran Sabela Gago

Ola amiguiños!!

Onte tivemos unha visita moi especial no colexio, xa que a gran Sabela Gago acudiu a deleitarnos coas súas fantásticas e divertidas historias, das que grandes e pequenos, mestres e alumnos, puidemos disfrutar á vez que aprender gracias ás explicacións que Sabela nos foi ofrecendo durante toda a súa actuación e que permitiron aos nosos alumnos converterse por uns intres en actores, en escritores e en críticos.

Dende aquí nos podemos máis que agradecerlle a Sabela os fantásticos momentos que nos fixo pasar e invitala a que regrese cando desexe xa que será benvida por todos nós.

E para que poidades disfrutar un pouquiño da súa actuación, aquí vos deixamos unha perliña en forma de video. Agardamos que vos guste.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!





Ahí vai un RUXI - AVISO!!

Ola amiguiños!!

Xa tedes á vosa disposición unha copia electrónica do LIBRO - XIGANTE elaborado polos alumnos e alumnas do CEIP "O Ruxidoiro" sobre o libro"O misterio dos fillos de Lúa" da escritora galega Fina Casalderrey


Para poder visionar esta fantástica creación só tedes que dirixirvos á páxina "AS NOSAS CREACIÓNS" do noso blog. Agardamos que vos guste xa que o traballo, a ilusión e a creatividade posta neste libro foi inmensa por parte de todos os nenos e nenas que participaron na súa elaboración.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 9 de junio de 2014

Gracias por visitarnos!!

Ola amiguiños!!

Como ben sabedes, a pasada semana Fina Casalderrey veu facernos unha visita ao colexio para coñecer de primeira man todo o traballo que, arredor da súa obra, nenos e mestres viñeron facendo ao longo do presente curso, ademáis de facernos partícipes das súas fascinantes historias e compartir con todos nós uns agradables momentos que non esqueceremos.

Para todos aqueles que desexedes volver a lembrar a visita de Fina aquí vos deixamos unhas fotos que agardamos vos gusten. E a Fina non nos queda máis que darlle as gracias pola súa visita e lembrarlle que sempre terá as portas abertas do noso colexio para cando queira volver a visitarnos.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


jueves, 5 de junio de 2014

Benvida Fina!!

Ola amiguiños!!

Hoxe contamos cunha nova moi especial para o noso colexio xa que a famosa escritora galega Fina Casalderrey atópase visitando a nosa escola e compartindo cos nosos alumnos diferentes e variadas actividades encamiñadas a fomentar o gusto e o pracer pola lectura.

Esta visita xorde froito da labor que, durante meses, ven realizando un grupo de traballo organizado dende a Biblioteca Escolar formado por mestres e mestras do CEIP "O Ruxidoiro" que tomou como centro de estudio a vida e obra desta escritora galega e que, ao longo de todo o presente curso escolar, veu diseñando e desenvolvendo diferentes actividades cos nosos alumnos.

Dende aquí queremos agradecerlle a Fina a súa visita así como todos os bos momentos que, de seguro, nos deixará ao longo desta xornada e dos que bos informaremos próximamente.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

Visita didáctica a Celanova

Ola amiguiños!!

A pasada semana, dentro das visitas e saídas didáctico - pedagóxicas que se realizan no colexio, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de visitar a fermosa vila de Celanova, en donde puideron coñecer de primera man algo máis sobre a vida e obra de Manuel Curros Enríquez, poeta e gran referente do denominado "Rexurdimento" da literatura galega de finais do século XIX, así como visitar o mosteiro benedictino de San Salvador de Celanova e mais a capela de San Miguel, xoias da arquitectura galega.

Para que poidades coñecer algo máis sobre o que os vosos compañeiros puideron aprender e visitar aquí vos deixamos uns enlaces moi interesantes así como unha recopilación de fotos da visita. 

Agardamos que vos gusten.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


PULSAR AQUÍ


PULSAR AQUÍ







martes, 27 de mayo de 2014

NOVIDADE!!

Ola amiguiños!!

Hoxe estamos de estrea no noso blog, xa que a partires de agora atoparedes nel unha nova páxina dirixida tanto aos alumnos como aos pais e mestres a través da cal tentamos poñer á vosa disposición un conxunto de recursos encamiñados a facer un uso responsable e seguro de Internet.



A páxina leva por título NAVEGA CON RUMBO, xa que foi a partires das charlas que ofreceu no noso colexio o Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia sobre navegación segura en Internet cando xurdiu a idea de facer extensible ao resto da comunidade educativa toda a información e formación facilitada.

Agardamos que todos os recursos que agora tedes á vosa disposición vos sexan de utilidade e lembrade, Internet si, pero con sentidiño!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 26 de mayo de 2014

Festival das Letras Galegas 2014

Ola amiguiños!!

Este ano, e xa vai un curso máis, celebraremos no colexio o Festival das Letras Galegas dentro das
actividades dirixidas a conmemorar o Día das Letras Galegas 2014 no que o homenaxeado foi o poeta Xosé María Díaz Castro. Coma tódoslos anos, o festival terá lugar en dúas datas diferentes:

- 29 de Maio a partir das 12:00 horas, para todos os nenos, nenas e profesores do colexio.

- 30 de Maio a partir das 12:15 horas, para pais, nais e demáis familiares dos alumnos escolarizados en EI e o 1º nivel do 1º ciclo de EP.

PROGRAMA DO FESTIVAL 2014
  • 3 ANOS A,B cantan e recitan: "O libro máxico" e "Dime que fixeches e onde estiveches" (escolma poética)
  • 4 ANOS A canta e baila: "A formiguiña"
  • 4 ANOS B canta e baila: "Eu son un artista"
  • 4 ANOS A,B recitan a ritmo de rap: "Escolma pola nosa fala" (Versos de C. Emilio e Manual María)
  • 5 ANOS A,B recitan e bailan: "Galicia" (poema de Manuel María) e "O rap da lingua" (Baile)
  • 1º A,B cantan: "Happy" (acompañada de montaxe fotográfica)
  • CONXUNTO DE BAILE DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: "Ela quere un anaquiño" (Baile moderno)
Agardamos que disfrutedes todos deste fantástico festival que con tanto cariño e esforzo vos teñen preparados os nenos e nenas do CEIP "O Ruxidoiro".

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

jueves, 22 de mayo de 2014

Navega con Rumbo

Ola amiguiños!!

A semana pasada tivemos a visita de Javier Riestra, técnico do Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia (CPEIG) para ofrecernos unha exposición didáctica dentro do plan Navega con Rumbo encamiñada a formar aos escolares para que fagan un uso seguro da Rede, evitando o ciberacoso así como outros riscos de Internet e todo coa finalidade última de que alumnos, pais e docentes aprendan a facer un uso responsable de Internet e de todas as posibilidades que nos ofrece.

Aquí vos deixamos un video resumo cos puntos fundamentais da charla ofrecida por Javier Riestra na aula de informática do CEIP “O Ruxidoiro”.


Un RUXI – SAÚDO a todos!!


lunes, 19 de mayo de 2014

Correlingua 2014

Ola amiguiños!!

Un ano máis, o noso colexio tomou parte no Correlingua, unha iniciativa lúdico - educativa que baixo o lema "O GALEGO. O PASO ADIANTE", trata promover e impulsar e fortalecer o uso da nosa tan querida lingua galega.

Nesta ocasión, foron os compañeiros de 3º e 4º de Educación Primaria os que tomaron parte nesta experiencia, na que se desenvolveron diferentes actividades ao longo de toda a xornada matutina do mércores 14 de Maio.

Para que poidades participar todos do Correlingua 2014 e asemade disfrutar da actuación que os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria realizaron no Auditorio Municipal de Ourense, aquí vos deixamos algunhas fotos e videos.







Un RUXI - SAÚDO a todos!!

domingo, 18 de mayo de 2014

Día das Letras Galegas

Ola amiguiños!!

Este ano o Día das Letras Galegas adícase á figura do poeta lugués nado en Guitiríz Xosé María Díaz Castro. Para que poidades coñecer algo máis sobre a súa vida e obra aquí vos deixamos un este video a través do cal poder acercarvos á vida e obra deste fantástico autor.
 


 
E para que poidades por a proba todo canto sabedes sobre o homenaxeado aquí vos deixamos un divertido Pasapalabra sobre a súa figura creado polos compañeiros do CEIP A Ponte de Lugo. Adiante e a ver se sodes quen de completar tódalas preguntas correctamente.
 
Un RUXI - SAÚDO a todos!!
 
 
PARA ACCEDER AO XOGO PREME AQUÍ
 

martes, 13 de mayo de 2014

Descubrindo o Mundo do Queixo

Ola amiguiños!!

Nestas datas nas que o bo tempo comeza a predominar, os diferentes cursos do noso colexio comezan as saídas didácticas coas que reforzar e ampliar as aprendizaxes que adquiren na escola. Así, esta semana pasada, os compañeiros de 3º e 4º de Educación Primaria dirixíronse ata Sobrado dos Monxes para visitar a Casa do Queixo, en donde puideron participar en distintas e diferentes actividades lúdicas, didácticas e deportivas:

- Talleres de reciclaxe
- Talleres de elaboración de queixo
- Competición de tiro con arco
- Visita a casa museo

Para que poidades lembrar o ben que o pasaron e todo canto aprenderon, aquí vos deixamos esta presentación que agardamos vos guste.



E para que coñezades algo máis desta vila así como do seus principais reclamos turísticos (o Mosteiro de Sobrado dos Monxes e o extraordinario entorno natural desta vila), aquí vos deixamos un par de videos.

Mosteiro de Sobrado dos Monxes

Lagoa de Sobrado dos Monxes

Disfrutando dun paseo a cabalo pola contorna

Un RUXI - SAÚDO.

jueves, 8 de mayo de 2014

Lembrando o Día do Libro 2014

Ola amiguiños!!

Como ben vos dixemos anteriormente, este ano o Día do Libro veu cargado de moitas e diferentes actividades conmemorativas que desenvolvemos no noso colexio, non so nesta data tan sinalada senon tamén durante os días previos e posteriores á mesma. Aquí vos deixamos unha recopilación das actividades realizadas. Agardamos que disfrutarades tanto coma nós das mesmas.

Un RUXI - SAÚDO  a todos!!


jueves, 24 de abril de 2014

Día do Libro 2014

Ola amiguiños!!

Este ano celebramos unha vez máis unha data tan especial para todos nós como é a do Día do Libro 2014. Durante esta semana varias e diversas son as actividades que desenvolveremos nos distintos e diferentes cursos, das cales faremos un recordatorio próximamente.

Agardamos que vos gusten!! Un RUXI - SAÚDO a todos!!

viernes, 14 de marzo de 2014

Lembrando o Entroido 2013 - 2014

Ola amiguiños!!

Un ano máis, o entroido chegou a nosa escola para, coma sempre, celebralo por todo o alto. Así, nesta ocasión, e nun intento de fomentar o gusto pola lectura, a temática escollida polos nenos e nenas do colexio xunto cos seus  mestres e mestras foi a dos contos.

Durante semanas estivemos preparando os disfraces coa axuda inestimable de pais e nais que se prestaron a colaborar na elaboración e confección dos mesmos.

Aquí tedes unha mostra do resultado final e un pequeno recordatorio do ben que o pasamos.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

martes, 11 de marzo de 2014

Pequenos investigadores

Ola amiguiños!!

Este ano, entre as actividades que se desenvolveron co gaio da celebración do Día de Rosalía, atópase a formación dos Sherlock Holmes do futuro. Así, os compañeiros e compañeiras de 2º de Educación Primaria estiveron desenvolvendo tarefas de investigación sobre a gran escritora galega, investigación trala cal, estes sagaces e astutos detectives elaboraron o seu correspondente informe final

Aquí tedes unha mostra e lembrade... tende coidado porque estes pequenos están á espreita para investigar todo canto sexa preciso.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


viernes, 7 de marzo de 2014

Lembrando o Día de Rosalía

Ola amiguiños!!

Hai uns días celebramos o Día de Rosalía no colexio tal e como vos adiantamos no seu momento. Como lembraredes, ese día desenvolvemos na Biblioteca varias actividades con todos os alumnos da escola para conmemorar a figura desta ilustre escritora galega. Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!




jueves, 27 de febrero de 2014

O Meco hoxe ordeou...

Ola amiguiños!!

O Meco non para de mandar e mandar. Mirade o que hoxe organizou:

E para o xoves, si señor,
trae todo o anterior,
pano atado á cabeza,
na esquerda pulseiras, cen,
a saia por enriba do pantalón
e un gran chupete
a carón do corazón.

Un RUXI - SAÚDO a todos e lembrade... Mañá venres gran festa de entroido no CEIP "O Ruxidoiro" a partires das 12:30 horas!!

martes, 25 de febrero de 2014

O Meco segue a mandar

Ola amiguiños!!

Para mañá o Meco ten unha nova orde que vos dar. Atendede ben:

O mércores si pode ser,
unha saia tés que traer
por enriba do pantalón
para frío non ter.

Así que xa sabedes, mañá con saia todo o mundo ao colexio. Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 24 de febrero de 2014

Nova orde do Meco

Ola amiguiños!!

O Meco ten unha nova orde que darvos. Atendede ben:

Para o martes busca ben
que pulseiras has de ter.
Todas as que ti atopes
no brazo esquerdo 
quedan ben.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


domingo, 23 de febrero de 2014

Conta atrás para celebrar o Entroido 2013-2014

Ola amiguiños!!

Un ano máis o Entroido está a piques de chegar e, para comezar a ir quentando motores durante toda esta semana o Meco tentará irnos enchendo con ganas de troula. Para iso, non esperedes nin un intre en cumprir todas e cada unha das súas ordes. A orde para este luns é a seguinte:

Un pano atado á cabeza
o luns ti traerás.
Elixe a cor que ti queiras
e ben atadiño o atarás


Un RUXI - SAÚDO a todos!!

Día de Rosalía

Ola amiguiños!!

Este ano novamente conmemoraremos o Día de Rosalía no noso colexio. Para iso, dende os equipos de Normalización Lingüística e de Biblioteca desenvolveremos durante toda a xornada do luns día 24 diferentes sesións de lectura na biblioteca de poemas desta gran autora galega.

As sesións de lectura desenvolveranse no seguinte horario:

CURSO                                        HORARIO

3 Anos                                          12:15 horas
4 Anos                                          12:25 horas
5 Anos                                          12:35 horas                                 
1º E.P.                                          12:45 horas
2º E.P.                                          13:25 horas
3º E.P.                                          13:35 horas
4º E.P.                                          13:45 horas
5º e 6º E.P.                                   13:55 horas






E para ir abrindo boca, aquí vos deixamos un dos seus máis coñecidos poemas da súa obra, interpretado polo gran Amancio Prada. Esperamos que o disfrutedes:



Agardámosvos!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 13 de enero de 2014

Nova sección para o noso Clube de Lectura!!

Ola amiguiños!!

Este ano, e a vista do éxito acadado no clube de lectura durante o pasado curso, decidimos dar un maior protagonismo ao mesmo no noso blog para que todos vós poidades participar de maneira máis directa no mesmo. 

Para iso, na sección de "Clube de Lectura Paseniño" do noso blog, creamos un enlace a un espacio único e exclusivo para que todos os membros dos diferentes grupos creados no clube de lectura poidades ter á man toda a información necesaria así como deixar os vosos comentarios e opinións dunha maneira máis dinámica e interactiva.

Agardamos que vos sexa de utilidade e, sobre todo, que vos guste a nova imaxe que lle demos. 

Un RUXI - SAÚDO!!


Arranca o Clube de Lectura Paseniño 2013 - 2014

Ola amiguiños!!

Un ano máis, o Clube de Lectura da nosa biblioteca comeza a súa andaina. Este ano os mestres  coordinadores encargados de dirixir os diferentes grupos do Clube de Lectura Paseniño serán:

- 1º ciclo: Dna. Ánxela González
- 2º ciclo: Dna. Irene Veiga
- 3º ciclo: Dna. Esperanza de León González

Os libros seleccionados este ano para cada un dos ciclos e grupos creados son:

2º de Educación Primaria



3º e 4º de Educación Primaria



5º de Educación Primaria



6º de Educación Primaria


 Un RUXI - SAÚDO  e non dubidedes en apuntarvos!!