domingo, 18 de diciembre de 2022

Panxoliñas de Nadal















Recomendacións Nadal

      

 Para comezar as vacacións co bo pé non hai nada mellor que escoller un bo libro! 

Equipo da biblioteca déixanos unhas recomendacións moi variadas.

      Desexámosvos que teñades unhas boas festas en familia.                                      Felices lecturas!












viernes, 16 de diciembre de 2022

Ás de mosca para Anxo

 O venres, como xa é costume, tivemos unha nova reunión no Club de Lectura. Nesta ocasión estivemos cunha pequena representación do alumnado do grupo 2 do Ruxi Club. André, Yanay, Clarisa e Michelle visitaron a radio e falaron un pouco sobre o libro que leron no club, "Ás de mosca para Anxo" de Fina Casalderrey.

Tamén aproveitaron para felicitar o Nadal a todo o colexio.

lunes, 12 de diciembre de 2022

O Club de Lectura visita a Radio

 O pasado venres 9 de decembro, David, Diana e Sara, unha representación do alumnado que forma parte do grupo 1 do Club de Lectura visitou a Ruxi Radio.

Alí falaron do libro que acaban de ler, "Plan de rescate" de Antía Yáñez, escoitade as súas recomendacións, son moi interesantes...

sábado, 3 de diciembre de 2022

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 

TODO O BO COMEZA SEN BARREIRAS!

A Convención sobre os Dereitos das Persoas con Discapacidade, aprobada en 2006 e asinada por 180 países di:

"A accesibilidade e a inclusión das persoas con discapacidade son dereitos fundamentais"

E pide que as persoas con discapacidade podan levar unha vida independente e participar de forma activa no desenvolvemento da sociedade.

Solicita aos Estados que tomen as medidas apropiadas para darlles pleno acceso ña actividade cotiá e eliminar todos os obstáculos á súa integración.

#DiaInternacionalDasPersoasConDiscapacidade

No Ruxidoiro, lembraremos a personaxes famosos e históricos que chegaron moi lonxe a pesar da súa discapacidade e a pesar de todas as barreiras que atoparon no camiño. Son un exemplo de superación que nos amosan cada día que o esforzo e a constancia teñen a súa recompensa. Persoas que non ven un problema  na súa discapacidade senón unha oportunidade de avanzar e superarse a si mesmos.

                    #TodooBoComezaSenBarreiras

                  Vincent Van Gogh (1853 – 1890)             Frida Kahlo (1907 – 1954)

                             Trastorno bipolar                 Discapacidade física


     Ludwig van Beethoven
   (1770-1827)                          Leo Messi (1987...)

                 Discapacidade auditiva                            Síndrome de Asperger

      Stephen Hawkin  (1942- 2018)                                        Greta Thunberg
                            
        Discapacidade física                                                  Síndrome de Asperger

                                    Pablo Pineda                                                Einstein (1879-1955)
         
                     Síndrome de Down                                            Síndrome de Asperger

Entre todas as aulas contribuímos á conmemoración deste día con este mural:

Na biblioteca podedes atopar moitas lecturas sobre a discapacidade. Recomendamos algunhas:





martes, 22 de noviembre de 2022

A RAPAZADA DO RUXIDOIRO DI BASTA!

 


A bilioteca do Ruxidoiro e o equipo de dinamización da lingua galega recomenda estes contiños sobre a violencia de xénero en galego. 







Unha pequena mostra das reflexións deste día nas aulas.

domingo, 20 de noviembre de 2022

ÁS DE MOSCA PARA ANXO

 O pasado venres tivemos unha nova reunión no Ruxi Club. Nesta ocasión debíamos ler ata o capítulo 17. Todos os participantes leron ata onde acordamos e houbo quen incluso adiantou a lectura.

Os comentarios sobre o que levamos lido foron moi positivos. Os rapaces e rapazas falaron do que máis lles gustou e tamén comentaron comportamentos que non lles gustaron nada, que non se deben consentir, como cando os compañeiros e compañeiras fan burla da protagonista da historia.

Acordamos acabar a novela para a próxima reunión, que será en 15 días.

sábado, 19 de noviembre de 2022

DÍA DOS DEREITOS DA INFANCIA


 A Convención sobre os Dereitos do Neno, aprobada o 20 de novembro de 1989 tras máis dunha década de traballo no texto,
 establece catro principios que deixan claro que nenas e nenos, aínda que sexan seres en desenvolvemento:

- Non discriminación.

- Interese superior do neno e da nena. 

- Dereito á vida, á supervivencia e ao desenvolvemento.

- Dereito á participación.

Imaxinades un mundo no que non teñades nome? Un mundo no que vos falte un lugar para vivir? Un mundo sen xogos? ou un mundo no que non se trata con agarimo e respecto aos nenos e nenas? 

Custa imaxinalo, non si? Pois aínda hai países nos que hai nenos e nenas que sofren moito: teñen que traballar para manter ás súas familias desde ben pequenos, non poden ir á escola nin teñen xoguetes, non teñen familia ou nin siquera teñen unha casa onde vivir. 

Na biblioteca podedes atopar moitas lecturas interesantes sobre os vosos dereitos e historias que nos contan como son as vidas de nenos e nenas noutros países. 

Aí vos deixamos algunhas recomendacións!



       




Para practicar e coñecer máis sobre os vosos dereitos aí vos deixamos un trivial para xogar.

viernes, 11 de noviembre de 2022

PRIMEIRA REUNIÓN CO ALUMNADO DO GRUPO 2

 

O pasado venres 4 de novembro tivemos unha nova reunión do Ruxi Club, nesta ocasión foi co alumnado de 6º de primaria participante no club de lectura e que pertence á segunda quenda, ó grupo 2.

A reunión foi moi amena e produtiva e a coordinadora do club propúxolles varias alternativas de lectura.

Os rapaces/as despois de valorar, debatir, ler os argumentos dos libros propostos e chegar a realizar unha votación... decidiron por maioría que a próxima lectura que se lerá no Ruxi Club, grupo 2, será "Ás de mosca para Anxo" da autora Fina Casalderrey.

Agardamos que vos guste!




jueves, 10 de noviembre de 2022

Actúa e non contamines

 

O alumnado de 4ºA anima a todos e todas a coidar do noso planeta con este poema que gravaron na radio.