Esta semana houbo unha nova xuntanza do Club de Lectura de Adultos. A novela que escolléramos previamente fora "Asasinato na casa rosa" de Arantza Portabales e sobre esta lectura foi a reunión.
Houbo disparidade de opinións, uns consideran o libro de Portabales moi bo, fácil de ler, interesante e entretido, mentras que outras opinamos que tratándose desta autora, "Asasinato na casa rosa" non é a súa mellor obra aínda que Aranzta nunca defrauda.
Definitivamente, é un libro que hai que ler para que cada quen saque as súas propias conclusións. Xa estamos a agardar pola súa próxima novela porque Aranzta Portabales sempre nos deixa con ganas de máis.
Como están preto as vacacións de Semana Santa, dende o Club de Lectura agasallouse cun pequeno detalle doce aos participantes do club.