No Ruxidoiro, os equipos de biblioteca e convivencia unímonos na loita contra a violencia machista.
Loitamos
a través de cada palabra que dicimos, de cada libro que lemos. de cada
historia que compartimos e das veces que escollemos o respecto fronte a
discriminación.
Este ano, o noso lema #DALLEAVOLTA
é unha chamada á acción no cole, na casa, en todos os espazos e
actividades que compartimos: nas tarefas do fogar, no deporte, nas
aulas, nas cancións e nos contos.
Queremos darlle a volta...
AOS ESTEREOTIPOS
ÁS PALABRAS QUE FEREN
ÁS BURLAS
AOS SILENCIOS INXUSTOS
AO MEDO
Desde
a biblioteca queremos que os libros se convirtan en espellos e tamén en
ventás: en espellos para recoñecernos e en ventás para abrirnos a
outras realidades.
Por iso na zona de novidades e exposicións atoparedes unha selección de lecturas que nos axudan a comprender, reflexionar e actuar para transformar o mundo que nos rodea: contos, cómics, novelas, que falan de respecto, de igualdade e de empatía.
Convidámosvos a pasar pola biblioteca e descubrir estas historiase a facer a vosa contribución no mural #DALLEAVOLTA, onde cada xesto conta, cada palabra importa e ti tamén podes darlle a volta á violencia coas túas aportacións.
Porque o cambio comeza en nós,