jueves, 12 de junio de 2014

Disfrutando das historias da gran Sabela Gago

Ola amiguiños!!

Onte tivemos unha visita moi especial no colexio, xa que a gran Sabela Gago acudiu a deleitarnos coas súas fantásticas e divertidas historias, das que grandes e pequenos, mestres e alumnos, puidemos disfrutar á vez que aprender gracias ás explicacións que Sabela nos foi ofrecendo durante toda a súa actuación e que permitiron aos nosos alumnos converterse por uns intres en actores, en escritores e en críticos.

Dende aquí nos podemos máis que agradecerlle a Sabela os fantásticos momentos que nos fixo pasar e invitala a que regrese cando desexe xa que será benvida por todos nós.

E para que poidades disfrutar un pouquiño da súa actuación, aquí vos deixamos unha perliña en forma de video. Agardamos que vos guste.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!





Ahí vai un RUXI - AVISO!!

Ola amiguiños!!

Xa tedes á vosa disposición unha copia electrónica do LIBRO - XIGANTE elaborado polos alumnos e alumnas do CEIP "O Ruxidoiro" sobre o libro"O misterio dos fillos de Lúa" da escritora galega Fina Casalderrey


Para poder visionar esta fantástica creación só tedes que dirixirvos á páxina "AS NOSAS CREACIÓNS" do noso blog. Agardamos que vos guste xa que o traballo, a ilusión e a creatividade posta neste libro foi inmensa por parte de todos os nenos e nenas que participaron na súa elaboración.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 9 de junio de 2014

Gracias por visitarnos!!

Ola amiguiños!!

Como ben sabedes, a pasada semana Fina Casalderrey veu facernos unha visita ao colexio para coñecer de primeira man todo o traballo que, arredor da súa obra, nenos e mestres viñeron facendo ao longo do presente curso, ademáis de facernos partícipes das súas fascinantes historias e compartir con todos nós uns agradables momentos que non esqueceremos.

Para todos aqueles que desexedes volver a lembrar a visita de Fina aquí vos deixamos unhas fotos que agardamos vos gusten. E a Fina non nos queda máis que darlle as gracias pola súa visita e lembrarlle que sempre terá as portas abertas do noso colexio para cando queira volver a visitarnos.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


jueves, 5 de junio de 2014

Benvida Fina!!

Ola amiguiños!!

Hoxe contamos cunha nova moi especial para o noso colexio xa que a famosa escritora galega Fina Casalderrey atópase visitando a nosa escola e compartindo cos nosos alumnos diferentes e variadas actividades encamiñadas a fomentar o gusto e o pracer pola lectura.

Esta visita xorde froito da labor que, durante meses, ven realizando un grupo de traballo organizado dende a Biblioteca Escolar formado por mestres e mestras do CEIP "O Ruxidoiro" que tomou como centro de estudio a vida e obra desta escritora galega e que, ao longo de todo o presente curso escolar, veu diseñando e desenvolvendo diferentes actividades cos nosos alumnos.

Dende aquí queremos agradecerlle a Fina a súa visita así como todos os bos momentos que, de seguro, nos deixará ao longo desta xornada e dos que bos informaremos próximamente.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

Visita didáctica a Celanova

Ola amiguiños!!

A pasada semana, dentro das visitas e saídas didáctico - pedagóxicas que se realizan no colexio, os alumnos de 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de visitar a fermosa vila de Celanova, en donde puideron coñecer de primera man algo máis sobre a vida e obra de Manuel Curros Enríquez, poeta e gran referente do denominado "Rexurdimento" da literatura galega de finais do século XIX, así como visitar o mosteiro benedictino de San Salvador de Celanova e mais a capela de San Miguel, xoias da arquitectura galega.

Para que poidades coñecer algo máis sobre o que os vosos compañeiros puideron aprender e visitar aquí vos deixamos uns enlaces moi interesantes así como unha recopilación de fotos da visita. 

Agardamos que vos gusten.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


PULSAR AQUÍ


PULSAR AQUÍ







martes, 27 de mayo de 2014

NOVIDADE!!

Ola amiguiños!!

Hoxe estamos de estrea no noso blog, xa que a partires de agora atoparedes nel unha nova páxina dirixida tanto aos alumnos como aos pais e mestres a través da cal tentamos poñer á vosa disposición un conxunto de recursos encamiñados a facer un uso responsable e seguro de Internet.



A páxina leva por título NAVEGA CON RUMBO, xa que foi a partires das charlas que ofreceu no noso colexio o Colexio Profesional de Enxeñeiros en Informática de Galicia sobre navegación segura en Internet cando xurdiu a idea de facer extensible ao resto da comunidade educativa toda a información e formación facilitada.

Agardamos que todos os recursos que agora tedes á vosa disposición vos sexan de utilidade e lembrade, Internet si, pero con sentidiño!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 26 de mayo de 2014

Festival das Letras Galegas 2014

Ola amiguiños!!

Este ano, e xa vai un curso máis, celebraremos no colexio o Festival das Letras Galegas dentro das
actividades dirixidas a conmemorar o Día das Letras Galegas 2014 no que o homenaxeado foi o poeta Xosé María Díaz Castro. Coma tódoslos anos, o festival terá lugar en dúas datas diferentes:

- 29 de Maio a partir das 12:00 horas, para todos os nenos, nenas e profesores do colexio.

- 30 de Maio a partir das 12:15 horas, para pais, nais e demáis familiares dos alumnos escolarizados en EI e o 1º nivel do 1º ciclo de EP.

PROGRAMA DO FESTIVAL 2014
  • 3 ANOS A,B cantan e recitan: "O libro máxico" e "Dime que fixeches e onde estiveches" (escolma poética)
  • 4 ANOS A canta e baila: "A formiguiña"
  • 4 ANOS B canta e baila: "Eu son un artista"
  • 4 ANOS A,B recitan a ritmo de rap: "Escolma pola nosa fala" (Versos de C. Emilio e Manual María)
  • 5 ANOS A,B recitan e bailan: "Galicia" (poema de Manuel María) e "O rap da lingua" (Baile)
  • 1º A,B cantan: "Happy" (acompañada de montaxe fotográfica)
  • CONXUNTO DE BAILE DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: "Ela quere un anaquiño" (Baile moderno)
Agardamos que disfrutedes todos deste fantástico festival que con tanto cariño e esforzo vos teñen preparados os nenos e nenas do CEIP "O Ruxidoiro".

Un RUXI - SAÚDO a todos!!