martes, 28 de octubre de 2014

Preparándonos para o Samaín!!

Ola amiguiños!!

Un ano máis, todos os nenos e nenas do colexio estanse a preparar para a chegada do Samaín. A escola está collendo un aspecto terrorífico gracias ao traballo de nenos, mestres e pais e, pouco a pouco, unha atmósfera cada vez máis aterradora está invadindo o noso colexio.

Agardamos que disfrutedes moito do Samaín que celebraremos este curso na escola e animámosvos a todos a participar nas diferentes actividades programadas.

Un RUXI-SAÚDO a todos!!


martes, 14 de octubre de 2014

Que é AbalarMóbil?

Ola amiguiños!!

Neste curso, e continuando coa implantación iniciada o curso pasado no noso colexio, todas as familias teñen a posibilidade de incorporarse e formar parte do proxecto Abalar a través da aplicación AbalarMóbil.

Trátase dunha aplicación que lle vai permitir ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil  ou a través dunha tablet dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. 

As familias que descarguen AbalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

Para máis aclaracións, a Consellería de Educación ten a disposición de toda a comunidade educativa os seguintes recursos nos que se ofrece toda a información precisa sobre AbalarMóbil.

Un RUXI - SAÚDO  a todos!!


PULSAR AQUÍ

martes, 23 de septiembre de 2014

Un novo curso con todos vós!!


Colegio (61)

Ola amiguiños!!

Benvidos a todos!! Xa estamos de volta no colexio!! 

Un novo curso acaba de comezar e, coma sempre, aquí estamos dende a Biblioteca Escolar dispostos a propoñervos diferentes e divertidas actividades ao longo de todo o ano para que, todos xuntos, disfrutemos do fascinante mundo da lectura.

En breve iredes tendo noticias sobre as actividades que este ano iremos organizando. Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 30 de junio de 2014

Cerrado por vacacións



Ola amiguiños!!

Un ano máis, chegamos ao remate do curso. Logo dun ano cheo de experiencias, vivencias, actividades e moitos momentos fantásticos que puidemos vivir no CEIP "O Ruxidoiro", non nos queda máis que desexarvos unhas extraordinarias vacacións de verán a todos e todas: alumnos e mestres.

Vémonos no próximo curso e mentres tanto, o blog queda CERRADO POR VACACIÓNS!!

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

Moita sorte na nova etapa que agora comezades!!

Ola amiguiños!!

A semana pasada tivo lugar no salón de actos do CEIP "O Ruxidoiro" a cerimonia de graduación dos alumnos que estiveron escolarizados en 6º de Educación Primaria e que, unha vez chegado o final de curso, temos que despedir desexándolles moitísima sorte na nova etapa escolar e persoal que comezarán a partires de agora.

Tratouse dunha cerimonia cargada de sentimento, na que recordos, lembranzas e emocións afloraron inevitablemente logo de tantas e tantas vivencias compartidas.

Dende aquí a nosa pequena homenaxe a todos e todas vós, aos que vos lembramos que as portas do CEIP "O Ruxidoiro" estarán sempre abertas para recibirvos cando queirades vir facernos unha visita.





Noraboa aos nosos graduados e graduadas e... un RUXI - SAÚDO a todos!!

Descubrindo o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas


Ola amiguiños!!

Como ben sabedes, neste remate de curso, ao igual que todos os anos, os alumnos e alumnas do CEIP "O Ruxidoiro" disfrutan de diferentes saídas didáctico - pedagóxicas coas que completar e diversificar as aprendizaxes que adquiren nas aulas. 

Nesta ocasión, foron os compañeiros de 5º e 6º de Educación Primaria os que tiveron a oportunidade de visitar unha contorna tan espectacular como é o Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas.




Para que poidades todos coñecer algo máis deste verdadeiro tesouro natural galego aquí vos deixamos o enlace á páxina web do Parque Natural Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas para que poidades dispor dunha información completa acerca do mesmo así como das actividades que nel se ofertan, ademáis de algún video que agardamos vo guste e que, se é posible, vos anime a visitar tan fermoso paraxe natural nalgunha ocasión.

Un RUXI - SAÚDO  a todos!!


Páxina Web Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas




Descubrindo o mundo dos Asnos

Ola amiguiños!!

No conxunto de saídas didáctico - pedagóxicas que realizan os alumnos do CEIP "O Ruxidoiro" cara o fin de curso, nesta ocasión temos que destacar a visita que os alumnos de 1ºA e 1ºB fixeron hai unhas semanas á "Asociación para a Defensa, Recuperación e Estudo Terapéutico da Especie Asnal" (ANDREA) en San Salvador dos Penedos (concello de Allariz), en donde, tras unha pequena charla informativa inicial, puideron realizar diferentes e variadas actividades de mediación directa con estes animais e, todo elo, nun enclave natural excepcional como é a "Área de Allariz", declarada pola UNESCO reserva da biosfera en 2005.






E para que poidades coñecer algo máis acerca da fantástica labor que esta asociación realiza, aquí vos deixamos un enlace coa súa páxina web, en donde ademáis, atoparedes un artigo que a propia asoación publicou sobre a visita que os alumnos do CEIP "O Ruxidoiro" realizaron ás súas instalacións:

Páxina Web da Asociación "ANDREA"

Un RUXI - SAÚDO a todos!!