viernes, 29 de noviembre de 2019

Horarios de apertura

Ola amiguiños e amiguiñas!!


Xa sabedes que a biblioteca escolar está en funcionamento durante os recreos para que poidades facer uso dela, así como de todos os recursos que nela atoparedes. Organizamos os recreos para que todo o alumnado teña o seu ratiño para ler, devolver libros ou realizar novos empréstitos. 
O horario fixado será o seguinte:


LUNS
MARTES
MÉRCORES
XOVES
VENRES
1º RECREO
TERCEIRO
QUINTO
SEGUNDO
CUARTO
SEXTO
PROFESORADO
RESPONSABLE
EVA
MARTA
ÁNXELA
MARTA
BEATRIZ
2º RECREO
SEXTO
SEGUNDO
TERCEIRO
QUINTO
CUARTO
EVA
MARTA
ÁNXELA
MARTA
BEATRIZ


Pola súa parte, o alumnado de 1º de Primaria e Educación Infantil poderá facer uso da biblioteca escolar acompañado pola súa titora correspondente nas horas seleccionadas polas mesmas.

Agardamos a vosa visita. Un RUXI - SAÚDO a todos e todas!!

jueves, 31 de octubre de 2019



MICRORELATOS DE SAMAÍN

Mouchos, coruxos, sapos e bruxas
demos, trasnos e diaños...
É o conxuro da queimada? Non, son as Olimpíadas terroríficas do Ruxidoiro. Chegou esta bruxiña para presentar aos gañadores e gañadoras do concurso de micro-relatos de terror.
Aí tedes ao alumnado que encheu de historias de medo o noso colexio.                                          Pasámolo de medo!


jueves, 24 de octubre de 2019


DÍA DAS BIBLIOTECAS

Para celebrar o Día das bibliotecas, que mellor que inaugurar a nosa Bibliopatio.



lunes, 14 de octubre de 2019

domingo, 6 de octubre de 2019



O Equipo de Biblioteca en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizan un concurso de
MICRO-RELATOS DE TERROR
para o alumnado de 5º e 6º. Os relatos deberán entregarse ao profesorado titor nas aulas. Revisarase a ortografía, a boa letra e unha axeitada presentación. Podedes ilustrar o voso micro-relato como queirades. Lembrade que teñen que ser orixinais así que usade toda a vosa creatividade e imaxinación.
Os traballos serán expostos na web e, ademais, o día do Samaín faremos unha sesión de contacontos dos maiores aos máis pequenos.
Animádevos a participar!

jueves, 27 de octubre de 2016

Todos a cantar!!

Ola amiguiños!!

Para que vos vaiades animando un pouquiño máis, aquí vos deixamos un video da canción "O Samaín" do grupo musical Mamá Cabra. polos compañeiros da biblioteca do CEIP Mestres Goldar. Preparados? Sí? Pois a mover o esqueleto!!

Un RUXI - SAÚDO!!





Chega o Samaín!!

Ola amiguiños e amiguiñas!

Como ben sabedes, dentro duns días celebraremos o Samaín. Nesta festa tan "arrepiante", as cabaciñas cobran unha especial importancia para decorar e "aterrorizar" a todos e cantos se atopan con elas. Aquí vos deixamos unha adaptación do conto titulado "Indo para o Samaín" de Carlos e Sabela Labraña, creada pola a nosa compañeira Dolores, mestra de Audición e Linguaxe do CRA de Bergondo.

Agardamos que vos guste!



Un RUXI - SAÚDO a todos!!