miércoles, 5 de junio de 2013

Federico García Lorca, maestro do teatro e da poesía

Ola amiguiños!!

Tal día como hoxe, fai nada máis e nada menos 115 anos, naceu en Fuente Vaqueros (aldea andaluza da vega granadina) o que é considerado por todos como un dos meirandes poetas españois do siglo XX e unha das figuras máis importantes e que máis impulsou o mundo do teatro na súa época: Federico García Lorca.
 
Dende aquí queremos rendir a nosa homenaxe a esta grandísima figura da "Generación del 27" e para que coñezades un pouquiño máis sobre a súa vida, aquí vos deixamos un fantástico video feito a partir das súas propias fotos.
 
Agardamos que vos guste. Un RUXI - saúdo!!
 
 

miércoles, 29 de mayo de 2013

Día de Festival

Ola amiguiños!!

Mañá vai ser unha xornada moi especial xa que, seguindo coas actividades conmemorativas do Día das Letras Galegas, no colexio celebraremos o FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS 2013.

Nel participarán nenos de tódolos cursos con actuacións nas que o galego, a nosa lingua, cobrará un papel protagonista. Teremos TEATRO, BAILES E DANZAS, REPRESENTACIÓNS INSTRUMENTAIS, CANTIGAS, RAP... e moitas e divertidas sorpresas.

Para que vos fagades unha idea, aquí vos deixamos o programa do Festival. Agardamos que acudades todos e que disfrutedes moito desta xornada tan festiva.

Un RUXI - saúdo!!




lunes, 27 de mayo de 2013

Descubrindo Aquis Querquennis

Ola amiguiños!!

Hai uns días, os nosos compañeiros de 4º, 5º e 6º de Educación Primaria tiveron a oportunidade de realizar unha interesante viaxe no tempo e é que, durante unhas horas, puideron trasladarse ata a vida dun antigo poblado romano. Sí, sí... de verdade que sí!!

Pero para iso non tiveron que empregar ningunha máquina do tempo nin aparello semellante. Só fixo falta viaxar ata Bande para coñecer as ruinas de AQUIS QUERQUENNIS, un antigo campamento no que moraron auténticas lexións romanas e que se atopa situado nas beiras do río Limia medio afundido no pantano Das Conchas.

Agardamos que disfrutarades da viaxe e, para todos aqueles que non puidéstedes ir, aquí vos deixamos un video no que vos podedes facer unha idea aproximada do que poderedes atopar si decidides visitala.

Un RUXI - saúdo!!





Lembrando a Celso Emilio Ferreiro

Ola amiguiños!!

Como ben lembraredes, hai uns meses celebrouse o Día de Homenaxe a Celso Emilio Ferreiro, coincidindo co centenario do seu nacemento.

Pois ben, os alumnos de 6º realizaron naquel momento tarefas de investigación acerca de esta importantísima figura da literatura galega. Froito daquel traballo, unido á formación destes alumnos en novas tecnoloxías, nace a seguinte proposta audiovisual realizada por EIRA e ALDARA sobre o seu coñecido poema MORAIMA proposta audiovisual que, dende a biblioteca escolar, desexamos compartir con todos vós.

Sentádevos cómodamente e disfrutade deste espléndido traballo realizado polas nosas compañeiras EIRA e ALDARA. Noraboa rapazas!!!

Un RUXI - saúdo!!


jueves, 23 de mayo de 2013

Éxito de público e crítica!!

Ola amiguiños!!

Tal e como vos informamos en datas pasadas, o Grupo de Teatro do CEIP "O Ruxidoiro" acudiu ao certame teatral de Bande para estrear a súa obra "AO DOUTOR ALONSO MARÉANO"  .
 
Segundo a crítica do público que puido ver a obra e mais dos máis expertos teatrais do momento, a obra só pode calificarse como EXTRAORDINARIAMENTE DIVERTIDA, MAGNÍFICAMENTE INTERPRETADA e FANTÁSTICAMENTE DIRIXIDA.
 
Dende aquí so nos queda decirvos.... NORABOA ARTÍSTAS!! Gracias por extender a semente do teatro e maila interpretación por todos e cantos se puideron deleitar co voso traballo.
 
Un RUXI - saúdo!!

Teatro Lido "Roberto Vidal Bolaño"

Ola amiguiños!!

Como xa vos adiantamos días atrás, outras das actividades que programamos desenvolver nas dúas semanas seguintes ao Día das Letras Galegas celebrado o día 17 de maio consistía nunha xornada de Teatro Lido de Diferentes Fragmentos de Obras de ROBERTO VIDAL BOLAÑO.

Nesta ocasión, foron os nenos e nenas de 5º de Educación Primaria os que encargaron de acercar a figura deste dramaturgo aos seus compañeiros de Educación Infantil por medio pequenos retais de obras moi coñecidas de Vidal Bolaño.
 
Agardamos que tanto pequenos como maiores disfrutaran desta experiencia e se enriquecerán mutuamente gracias a ela.
 
Un RUXI - saúdo!!
 
 

Apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Día 3

Ola amiguiños!!

Onte tivemos a terceira e última xornada de apadriñamentos e amadriñamentos lectores, aínda que vendo o éxito que tiveron moi seguramente non serán as últimas.
 
Nesta ocasión os destinatarios das historias e contos preparados polos alumnos de 6º de Educación Primaria foron os nosos estudiantes máis pequechiños: os nenos e nenas de 3 aniños de Educación Infantil.

A verdade é que quedaron encantados coas historias que lles contaron e, se non o credes, mirade que atención prestaban e que cariñas de curiosidade amosaban.

Un RUXI - saúdo!!