jueves, 24 de abril de 2014

Día do Libro 2014

Ola amiguiños!!

Este ano celebramos unha vez máis unha data tan especial para todos nós como é a do Día do Libro 2014. Durante esta semana varias e diversas son as actividades que desenvolveremos nos distintos e diferentes cursos, das cales faremos un recordatorio próximamente.

Agardamos que vos gusten!! Un RUXI - SAÚDO a todos!!

viernes, 14 de marzo de 2014

Lembrando o Entroido 2013 - 2014

Ola amiguiños!!

Un ano máis, o entroido chegou a nosa escola para, coma sempre, celebralo por todo o alto. Así, nesta ocasión, e nun intento de fomentar o gusto pola lectura, a temática escollida polos nenos e nenas do colexio xunto cos seus  mestres e mestras foi a dos contos.

Durante semanas estivemos preparando os disfraces coa axuda inestimable de pais e nais que se prestaron a colaborar na elaboración e confección dos mesmos.

Aquí tedes unha mostra do resultado final e un pequeno recordatorio do ben que o pasamos.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!

martes, 11 de marzo de 2014

Pequenos investigadores

Ola amiguiños!!

Este ano, entre as actividades que se desenvolveron co gaio da celebración do Día de Rosalía, atópase a formación dos Sherlock Holmes do futuro. Así, os compañeiros e compañeiras de 2º de Educación Primaria estiveron desenvolvendo tarefas de investigación sobre a gran escritora galega, investigación trala cal, estes sagaces e astutos detectives elaboraron o seu correspondente informe final

Aquí tedes unha mostra e lembrade... tende coidado porque estes pequenos están á espreita para investigar todo canto sexa preciso.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!


viernes, 7 de marzo de 2014

Lembrando o Día de Rosalía

Ola amiguiños!!

Hai uns días celebramos o Día de Rosalía no colexio tal e como vos adiantamos no seu momento. Como lembraredes, ese día desenvolvemos na Biblioteca varias actividades con todos os alumnos da escola para conmemorar a figura desta ilustre escritora galega. Aquí vos deixamos un pequeno recordatorio.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!




jueves, 27 de febrero de 2014

O Meco hoxe ordeou...

Ola amiguiños!!

O Meco non para de mandar e mandar. Mirade o que hoxe organizou:

E para o xoves, si señor,
trae todo o anterior,
pano atado á cabeza,
na esquerda pulseiras, cen,
a saia por enriba do pantalón
e un gran chupete
a carón do corazón.

Un RUXI - SAÚDO a todos e lembrade... Mañá venres gran festa de entroido no CEIP "O Ruxidoiro" a partires das 12:30 horas!!

martes, 25 de febrero de 2014

O Meco segue a mandar

Ola amiguiños!!

Para mañá o Meco ten unha nova orde que vos dar. Atendede ben:

O mércores si pode ser,
unha saia tés que traer
por enriba do pantalón
para frío non ter.

Así que xa sabedes, mañá con saia todo o mundo ao colexio. Un RUXI - SAÚDO a todos!!

lunes, 24 de febrero de 2014

Nova orde do Meco

Ola amiguiños!!

O Meco ten unha nova orde que darvos. Atendede ben:

Para o martes busca ben
que pulseiras has de ter.
Todas as que ti atopes
no brazo esquerdo 
quedan ben.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!