Aquí tedes @s finalistas do concurso de RELATOS DE MEDO:
Aquí tedes @s finalistas do concurso de RELATOS DE MEDO:
Tempo de outono, tempo de unha das nosas festas tradicionais favoritas:
O MAGOSTO!
O alumnado de 1º gravaron na radio o contiño de "A castañeira" e coa axuda das mestras fixeron este fermoso vídeo.
O alumnado de 2º agasállanos con esta cantiga para escoitar mentras comemos as castañas.
Aí deixamos unha recompilación de recursos interesantes para aprender máis sobre esta festa: cantigas, adiviñas, refráns, xogos, imprimibles e contos que podedes atopar na biblioteca. Esperamos a vosa visita!
Premede na imaxe.
Na súa visita á biblioteca, cada grupo escolleu unha escritora galega para non esquecer a súa pegada nas Letras Galegas.
LECTORES E LECTORAS, A ESCENA!
O MEDO é unha emoción natural que se caracteriza por ter unha sensación desagradable e intensa ante a percepción dun perigo real ou imaxinario.
No mundo imaxinario dos contos existen moitas emocións a través de historias fantásticas que nos producen sentimentos moi variados.
Neste Samaín, na biblioteca contaremos moitas historias de medo, medo ou desas de medo de mentira que nos fan escachar coa risa. Cal desas historias queredes?
Como sabedes, esta semana abrimos a biblioteca con todas as actividades dos cursos anteriores: empréstitos, devolucións, Radio na Biblio, Club de Lectura, Bibliotecas Creativas, Club de Ciencias... e este ano queremos organizar un Club de Lectura para Adultos...
Se desfrutas coa lectura e che apetece comentar e pasar un bo momento falando de libros con outras persoas... anótate!
bibliotecaoruxidoiro@gmail.com
A semana da Educación Vial o alumnado de 6º de Educación Infantil tivo unha sesión de contacontos organizado pola Deputación de Ourense.
O CAPITÁN VERDEMÁN
Un novo superheroe chega a unha pequena cidade que vive entre moreas de lixo pola preguiza dos seus habitantes. Mais , velaí tedes ao Capitán Verdemán para rescatar a cidade e demostrar que reciclar pode ser divertido.
Queredes axudar a este superheroe a protexer o noso PLANETA e facer del un mundo mellor?
Para axudalo tedes que seguir a ruta Catalina e vir ña escola camiñando, en patinete, en bicleta, en patíns ou facendo cambadelas! Non queremos contaminación!