domingo, 12 de mayo de 2013

Contos Ilustrados

Ola amiguiños!!

A semana pasada os nosos compañeiros de Educación Infantil de 5 anos puideron disfrutar dun encontro moi especial, xa que visitaron a nosa biblioteca nada máis e nada menos que Olalla González e Mark Taeger, para levar a cabo unha sesión de CONTOS ILUSTRADOS onde, a partir do título "O soño de Matías" do autor Leo Leonni, sumerxiron aos alumnos de Educación Infantil nunha viaxe a través dos contos facendo referencia a diferentes pintores contemporáneos.

Dende aquí queremos darlle a nosa máis sincera noraboa tanto a Olalla como a Mark por agasallarnos cunha xornada tan máxica na que, os contos, nos fixeron verdadeiramente disfrutar.

Un RUXI - saúdo!!


1 comentario:

  1. Moitas grazas por desfrutar tanto dos contos e dos cadros tanto coma nós.
    Unha aperta.

    Olalla, Marc e Matías.

    ResponderEliminar