Ola amiguiños!!
Nesta ocasión estamos aquí para informarvos de que xa está en marcha o noso tradicional concurso de Postais de Nadal, co gaio da celebración destas festas tan sinaladas e para as que xa non queda case nada.
Todos aqueles nenos e nenas que desexedes participar deberedes ter en conta as seguintes normas:
1) O formato no que realizaredes a vosa postal de nadal debe ser tamaño A5 (medio folio por unha soa cara).
2) No reverso da folla deberá constar o teu nome, apelidos e curso.
3) Os debuxos deben ser orixinais e non poderán levar ningún tipo de material en relevo (purpurinas, recortes, efectos de neve...).
4) As postais entregarédesllas aos vosos titores para a súa posterior exposición.
5) Haberá tres categorías de participación: Educación Infantil, 1º-2º-3º de Educación Primaria e 4º-5º-6º de Educación Primaria.
6) De cada categoría escolleranse 7 postais como primeiras clasificadas que serán enviadas ao concurso de postais que organiza o Concello de Barbadás.
7) O xurado do colexio escollerá a continuación 2 postais gañadoras en cada categoría de entre as 7 postais que se seleccionaron como primeiras clasificadas.
8) Finalmente, de entre as 6 postais gañadoras (2 por categoría), escollerase a postal finalista coa que se realizará a postal de felicitación de Nadal do CEIP "O Ruxidoiro".
Non o dubidedes... collede os vosos lápices de cores e animádevos a participar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario