ESTAMOS DE ESTREA!
Seguimos coas xornadas adicadas á inauguración da nosa biblioteca.
Hoxe tocoulles ao alumnado de infantil, 1º, 2º e 3º de primaria.
Os protagonistas para cortar a cinta foron dúas nenas de 6º de Infantil.
Que ben o fixeron!
Para inaugurar a biblio ao grande visitounos Pablo Nogueira cunha contada dos seus libros "Nube Branca quere ser astronauta" e "A banda de Raimunda". Mirade o decorado que prepararon os voluntarios e voluntarias de 6º. Ademais o alumnado de 6º de Educación infantil prestounos o seu mural dos Planetas.
Maiores e pequechos xuntos,
un gran traballo en equipo!
un gran traballo en equipo!
Os grupos de 1º, 2º e 3º de primaria decoraron estas guitarras para a banda de Raimunda con moito arte, non si?
Unha pequena mostra da contada con Pablo.
Que ben o pasamos!
Que ben o pasamos!
Para rematar esta xornada de inauguración, quixemos agradecer a visita altruista de Pablo Nogueira cun agasallo: un retrato feito pola mestra Josefa Fernández, titora de 5ºA. Quedamos abraiados!
LEMBRADE!
Nube Branca quere ser astronauta e A banda de Raimunda están esperando por vós nos andeis da biblio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario