miércoles, 8 de abril de 2020

RUXI RETO 4: SOMOS ARTISTAS!

                                          SOMOS ARTISTAS!
Con motivo do Día Mundial da Arte, o vindeiro 15 de abril,
propoñemos o seguinte reto.
Apetécevos imitar obras de arte de artistas famosos?
Sacade o voso lado máis artístico e poñédevos mans á obra…
á obra de arte!
Seguindo a idea do Museo Getty, Los Ángeles, que lanzou un reto que
consiste en escoller a túa obra de arte favorita e recreala con cousiñas
que teñas por casa: toallas, sabas, floreiro, roupa vella, cadeira…
 Nestes momentos agradécese non só a creatividade e a imaxinación senón tamén un chisco de humor.
Non é só unha foto, é un OBRA DE ARTE!
Deixamos algunas ligazóns a museos e galerías de arte para que copiedes ideas
MUSEO DO PRADO- MADRID                          MUSEO DO LOUVRE-PARÍS
TATE MUSEUM- LONDRES                      VANGOH MUSEUM- AMSTERDAM
MUSEO BELAS ARTES- A CORUÑA                          MUSEOS DE GALICIA

Tamén vos deixamos algunha obra, escollede a que máis vos guste…
                               

           Sorpresa do trigo                     O Grito                      Conversa na praia           A Gioconda  
               (Maruja Mallo)               (Edvard Munch)                    (Luis Seoane)         (Leonardo da Vinci)
 
Velaí tedes unha primeira contribución!


     Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:
A imaxe deberá ir acompañada dos seguintes datos:
Foto do cadro orixinal co título e o autor/a, foto da vosa creación cun título , nome e apelidos.
Lembradse indicar o teu nome e apelidos e o curso e autorización das
vosas familias para publicalo.
DATA DE ENTREGA: ata martes 14 de abril

No hay comentarios:

Publicar un comentario