A Asemblea Xeral das Naciones Unidas decidiu proclamar en 2016 o 11 de febreiro como Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas.
A pandemia pola COVID-19 está a amosar o papel crucial que están a desenvolver diferentes mulleres na investigación fronte a loita contra esta nova enfermidade: desde o coñecemento do virus, desenvolvemento de distintas técnicas para as probas de COVID-19 así como as vacinas contra o virus.
Por iso, este ano este día está adicado principalmente ás mulleres científicas como líderes na loita contra a COVID-19.
No noso centro, faremos a nosa especial conmemoración deste día, cunhas charlas nas aulas que vemos como unha gran oportunidade para sensibilizar e dar a coñecer ao noso alumnado a labor que fixeron e están a facer mulleres en distintos ámbitos da ciencia.
O luns 8 de febreiro realizaremos unha conexión virtual con Clara Álvarez Villamarín que achegará ao alumnado de 6º a súa labor na investigación.
O luns 9 de febreiro o alumnado de 5º terá a oportunidade de conversar de xeito virtual con Ana Mª González Tizón, que nos achegará a historia de Isabel Zendal, enfermeira galega, e 22 nenos e nenas que participaron na expedición para levar a vacina da varíola a América no século XVIII. Na actualidade, isabel Zendal é recoñecida pola Organización Mundial da Saúde como a 1ª enfermeira da historia en misión humanitaria internacional.
#acienciaéfeminino #lacienciaesfemenino
No hay comentarios:
Publicar un comentario