O Día Internacional da Muller é unha oportunidade para botar a vista atrás e ver os pasos adiante dados cara o logro da igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres no mundo enteiro.
No noso centro faremos diferentes actividades para darlle visibilidade a todas esas mulleres que deixaron a súa pegada na loita feminista. Estade atentos e atentas aos traballos do noso alumnado que iremos subindo á web.
Premede na seguinte ligazón para ver os nosos traballos.
Hoxe lembramos a Concepción Arenal, unha muller galega pioneira no movemento feminista que decidiu cursar estudos de dereito, disfrazada de home, cando o acceso á universidade estaba prohibido para as mulleres.Pero se podemos destacar un dos empeños de Concepción Arenal, sería a súa incansable loita por mellorar a situación das reclusas nas cárceres.
Premede na imaxe para ver a súa ficha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario