Xa chegaron, xa están aquí, as actividades de Samaín!
Os equipos de biblioteca, extraescolares e dinamziación da lingua organizan moitas actividades para pasar un Samaín de medo no cole!
- Exposición de caroutas terroríficas no vestíbulo do centro. Podedes traer a vosa creación ata o 25 de outubro.
- Contacontos de 3º e 4º aos grupos de 1º e 2º. Preparade na aula un conto, unha versión ou adaptación ou creade o voso conto. Unha vez o teñades practicade para facer de contacontos terróríficos o venres 29.
- Conxuros de Samaín.
Sapos, ratos e pedras, pezuños de
canguro, raios, tronos e sombras!
Inventa o teu conxuro!
Cando o teñades podedes subir á Ruxi Radio a gravalo. Animádevos!
Aquí vos deixamos un exemplo de conxuro para ser bos en Samaín.
- Concurso de contos terróríficos en galego para o alumnado de 5º e 6º. Podedes presentar os vosos contos antes do 25 de outubro. Haberá sorpresiñas para os finalistas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario