Ao longo deste curso traballamos arredor da temática dos piratas.
Comezou o proxecto cunha carta da pirata Pingamorriña. O seu barco foi a pique e precisaba unha nova tripulación e un novo barco. Decidimos que había que axudala!
Aceptamos este desafío e a pirata foi enviando retos para cumprir. Os grumetes traballamos arreo pois queríamos converternos en grandes piratas! Pero piratas dos bos!
Pingamorriña recomendounos moitas lecturas para poder comezar a cumprir os retos.
Cofre das recomendacións lectoras Código de conduta pirata
Cartas a Pingamorriña: Murais das aulas sobre o mundo pirata
queremos ser piratas!
Traballamos as emocións Mensaxes nas botellas
Poema pirata
Ao abordaxe! Diplomas piratas
Traballamos poemas, lecturas diversas, escribimos contos sobre piratas, completamos retos, aprendemos vocabulario sobre o mundo pirata en galego e en inglés, disfrazámonos de piratas no entroido... Para rematar participamos nunha busca do tesouro e... atopámolo!
Premede na imaxe para ver o resultado da busca do tesouro!
No hay comentarios:
Publicar un comentario