En decembro de 2011, a Asemblea Xeral designou o 21 d emarzo como Día Mundial do Síndrome de Down.
Con
esta celebración, a ONU quere xerar unha maior conciencia pública
sobre a cuestión e lembrar a dignidade, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das comunidades. Asemade, quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade de tomar as súas propias decisións.
Desde as entidades Down España puxeron en marcha unha campaña para concienciar que as persoas con este síndrome non son un estereotipo, son moito máis.
Premede AQUÍ para saber que é o síndrome de Down.
Persoas con síndrome de down que chegaron moi lonxe:
Pablo Pineda é o primeiro licenciado europeo con este síndrome, o que lle perimtiu tamén dar clases na universidade.
É mestre, presentador, escritos e percorre o país dando conferencias para eliminar os prexuízos existentes sobre as persoas con esta discapacidade.
Gloria Ramos é unha das protagonistas da película "Campeones" dirixida por javier Fesser. A primeira actriz con discapacidade intelectual nominada aos premios Goya na categoría de "Mellor actriz Revelación"
- Bárbara Wetzel gañou en 2015 o Campionato Mundial de Ximnasia Artística na categoría Junior, nun evento da Organziación Internacional de Atletas de ximnasia con Síndrome de Down. En 2018 acadou o éxito ao conseguir o primeiro posto en "All around" e agora pelexa polo título mundial.
- Marián Ávila é, con só 21 anos, a primeira española con síndrome de down en desfilar durante a semana da Moda de Nova Iorque
Queredes axudalos a que a súa mensaxe chegue máis lonxe?
No hay comentarios:
Publicar un comentario