sábado, 23 de septiembre de 2023

Comezamos!

 

Xa estamos de volta!

O 9 de outubro abrimos as portas da nosa biblio con moitas novidades: club de lectura, club de ciencias, bibliotecas creativas…

Na semana do 25 ao 29 reunirémonos co alumnado de sexto para organizar e seleccionar axudantes que se compromentan coa apaixonante labor do bibliotecario.

Na semana do 9 ao 13 de outubro teremos unas sesións informativas sobre o funcionamento dos empréstitos e devolucións. Para que non se nos esqueza nada atoparemos cartaces por toda a biblio.

E as familias?

Tamén poderán visitar a nosa biblio en horario de tarde. Para vir coller libros en horario de 16:00 a 17:00, teredes que pedir cita no seguinte correo: bibliotecaruxidoiro@gmail.com

 Comezamos a aventura!

No hay comentarios:

Publicar un comentario