Rematado este trimestre, chega un tempo de ilusión, tempo para compartir e tempo para ler e deixar voar a imaxinación.
Deixamos estas recomendacións para este tempiño de lecer. Felices festas!
Rematado este trimestre, chega un tempo de ilusión, tempo para compartir e tempo para ler e deixar voar a imaxinación.
Deixamos estas recomendacións para este tempiño de lecer. Felices festas!
O pasado 4 de decembro tivemos unha nova reunión coa quenda dúas do Ruxi Club, este grupo de rapazada está a ler o libro de Antía Yáñez, "Plan de recate".
Estivemos a comentar a lectura do libro e houbo opinións moi variadas, dende a quen non lle está enganchando, a quen non lle parece moi entretido ata a quen lle está entusiasmando. Esto é o marabilloso dun Club de Lectura, non sempre nos teñen que gustar as mesmas cousas pero sí que respectamos, comprendemos e aceptamos todas as opinións xa que son todas válidas coma a nosa propia.
O pasado venres 13 de decembro tivemos a derradeira reunión coas alumnas que forman parte do Grupo 1 do Ruxi Club.
Este grupo estaba a ler o libro de Maite Carranza "¿Quieres ser el novio de mi hermana?". Estivemos comentando sobre a lectura do libro, dos personaxes, das aventuras que lles pasaban aos protagonistas, en xeral é un libro que gustou bastante xa que é divertido, entretido e co que moitas das rapazas do Club de Lectura se sinten identificadas coa protagonista.
Unha semana máis o Ruxi Club volveuse a reunir, nesta ocasión foi a Quenda 1, que escolleran a lectura "¿Quieres ser el novio de mi hermana?" de Maite Carranza.
Estivemos a falar sobre o libro, parece que lles está gustando, é divertido, con intriga e ata hai quen se sinte identificada.
O pasado martes, logo de varios intentos, por fin! conseguimos pór en marcha, na biblioteca do Ruxidoiro, o Club de Lectura para Adultos.
Na primeira reunión do Club falamos dos nosos gustos literarios, preferencias, temáticas que máis nos chaman, idiomas...
Para rematar, escollemos entre todas a que será a nosa primeira lectura, trátase de "Detective Ferruchi" da autora Marta Villar que acadou con esta novela o XLI Premio Xerais de Novela 2024.