O pasado venres 13 de decembro tivemos a derradeira reunión coas alumnas que forman parte do Grupo 1 do Ruxi Club.
Este grupo estaba a ler o libro de Maite Carranza "¿Quieres ser el novio de mi hermana?". Estivemos comentando sobre a lectura do libro, dos personaxes, das aventuras que lles pasaban aos protagonistas, en xeral é un libro que gustou bastante xa que é divertido, entretido e co que moitas das rapazas do Club de Lectura se sinten identificadas coa protagonista.
Logo de dar por rematada a lectura, a coordinadora do Club de Lectura tiña preparado un Pasapalabra sobre o libro, xogamos e divertímonos moito.
Ao rematar o xogo as participantes do Club recibiron uns pequenos agasallos para despedir o ano e dar a benvida con moitas lecturas e cousas bonitas o 2025.
A próxima lectura será o libro de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones".
No hay comentarios:
Publicar un comentario