O pasado venres houbo unha nova xuntanza co Grupo 1 do Ruxi Club. Durante as vacacións de Nadal a rapazada estivo a ler a novela de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones".
Como ven sendo habitual, falamos sobre a lectura, sobre as personaxes e sobre a trama... Gustou moito aínda que houbo rapazas ás que se lles fixo unha lectura bastante longa.
Logo de comentar e debatir sobre o libro xogamos ao Pasapalabra e a verdade e que o pasamos moi ben...
Tamén tivemos un pequeno debate sobre cal será a proxima lectura...
Ás rapazas coincidiron que lles apetecía ler algo lixeiro logo de "Altas Aspiraciones" así que a seguinte libro é "El misterio de los huevos de oro" de Luísa Villar Liébana.
No hay comentarios:
Publicar un comentario