No noso último obradoiro do Club de Ciencias convertémonos en auténticos programadores e exploradores no espazo.
Utilizando unha cadeira de rodas como se fose un robot, traballamos a orientación espacial e os movementos básicos de desprazamento.
Os nenos e nenas tiveron que dar instrucións claras para indicar cara onde debía avanzar, xirar ou parar o “robot”. Deste xeito aprendemos conceptos como dereita, esquerda, adiante e atrás, ao mesmo tempo que desenvolvemos a atención, a coordinación e o traballo en equipo.
A actividade estivo chea de risas, retos e aprendizaxes, demostrando unha vez máis que a ciencia tamén se pode descubrir a través do xogo e da experimentación.
No hay comentarios:
Publicar un comentario