O alumnado de 2º de Primaria converteuse en auténticos investigadores e investigadoras para descubrir máis sobre unha das tradicións máis importantes da nosa terra: as máscaras de Entroido da provincia de Ourense.
Dentro do programa LeoLab, realizamos un traballo de investigación na biblioteca escolar, buscando información, consultando libros e descubrindo curiosidades sobre os distintos personaxes e máscaras que forman parte desta tradición tan especial. Grazas a este traballo aprendemos moitas cousas sobre a súa historia, as súas características e a importancia cultural que teñen no noso patrimonio.



No hay comentarios:
Publicar un comentario