viernes, 27 de marzo de 2026

Obradoiros de experimentos

 No Club de Ciencias acabamos o trimestre cunha nova serie de obradoiros cheos de cor, descubrimentos e diversión. Nesta ocasión investigamos como se comportan diferentes materiais e que sucede cando os mesturamos. Seremos quen de separar os distintos materiais? Que utilizaríamos para separalos?

A través de experimentos sinxelos e moi visuais, os nenos e nenas puideron observar cambios de cor, texturas sorprendentes e reaccións inesperadas, aprendendo mentres xogan e experimentan.

 

Cada sesión converteuse nun pequeno laboratorio onde a curiosidade, a observación e a creatividade serán as protagonistas. Porque na ciencia… cada mestura agocha unha nova sorpresa!

Premede AQUÍ para ver o vídeo!



No hay comentarios:

Publicar un comentario