viernes, 7 de octubre de 2022
Apertura da biblioteca
jueves, 23 de junio de 2022
Recomendacións para o verán!
Xa chega o fin de curso e o Equipo de biblioteca quere agradecervos a todos e todas a alegría e a ilusión que trouxestes de novo á nosa bibliteca.
Un especial agradecemento aos e ás axudantes de biblioteca de sexto que fixeron unha gran labor sempre co mellor dos sorrisos. Agora xa marchan para o instituto pero deixan a súa pegada lectora na nosa biblio.
No verán non vos esquezades de ler un chisquiño. Ler por diversión, por pracer, para soñar, para aprender, para viaxar, para vivir novas aventuras, para voar...
Aquí vos deixamos as nosas recomendacións lectoras.
Vémonos en setembro!
miércoles, 22 de junio de 2022
De concerto con Uxía e Sergio!
O mércores 22 de xuño, para rematar o curso, o alumnado de 5º e 6º asistiu ao concerto de Uxía co seu guitarrista Sérgio Tannus.
Premede na imaxe para coñecer a biografía desta cantante.
martes, 21 de junio de 2022
Concerto de Xoán Curiel!
O martes 21 de xuño visitou a nosa biblioteca...
XOÁN CURIEL!
para ofrecer ao alumnado de 3º e 4º un concerto do seu álbum
Estamos no verán!
Premede na imaxe para coñecer a biografía deste cantautor.
sábado, 11 de junio de 2022
Visita de Ledicia Costas
O pasado venres 10 de xuño recibimos con ledicia a Ledicia Costas. O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º participou nunha rolda de preguntas. A verdade é que fixeron moitas preguntas interesantes sobre a faceta de escritora: a súa temática favorita, o tempo que adica a escribir, cantos libros leva escritos... Ledicia transmitiulles a súa paixón polos libros!
Para rematar o alumnado de sexto fíxolle unha entrevista na Ruxi Radio.
Xa temos algúnhas escritoras e algúns escritores en marcha! Ao rematar asinou os libros que lemos no cole: Conexión Macarrón, A señorita Bubble e Os Minimortos.
Ademais, a nosa compañeira Josefa regaloulle un fermoso retrato de Ledicia feito por ela.
jueves, 9 de junio de 2022
Benvida Ledicia!
O venres 10 Ledicia Costas visita o Ruxidoiro. Os Minimortos, Conexión Macarrón e A señorita Bubble son os libros que lemos desta autora ao longo deste curso.
lunes, 6 de junio de 2022
PDI: OS PIRATAS
Ao longo deste curso traballamos arredor da temática dos piratas.
Comezou o proxecto cunha carta da pirata Pingamorriña. O seu barco foi a pique e precisaba unha nova tripulación e un novo barco. Decidimos que había que axudala!























