No Día Mundial da Poesía, deixamos un poema que escribiu unha mestra xubilada estadounidense,
Kitty O´Meara, sobre a pandemia global.
Adicámolo, con todo o noso agarimo, ás persoas con Síndrome de Down.
“E a xente ficou na casa.
E lía libros e escoitaba.
E descansaba e facía exercicio.
E creaba arte e xogaba.
E aprendía novas formas de ser, de estar quieto.
E se detiña.
E escoitaba máis profundamente.
Algúns meditaban. Algúns rezaban. Algúns bailaban.
Algúns atoparon as súas sombras.
Algúns atoparon as súas sombras.
E a xente comezou a pensar de forma diferente.
E a xente curou.
E, en ausencia de persoas que viven na ignorancia e o
perigo, sen sentido e sen corazón,
a Terra comezou a sandar.
E cando pasou o perigo, e a xente uniuse de novo,
lamentaron as súas perdas, tomaron novas decisións, soñaron novas imaxes,
crearon novas formas de vivir
e curaron a Terra por completo,
tal e como eles
foran curados".
No hay comentarios:
Publicar un comentario