RUXI RETO 3: RECEITAS LARPEIRAS
Apetécevos compartir unas saborosas receitas de cociña?
Collede un gorro e un mandil e ….
MANS Á MASA!
O seguinte reto consiste en gravar audios ou vídeos en lingua galega nos que nos contedes como se fai unha receita sinxela para que todos e todas podamos facela na casa.
O obxectivo é practicar a lingua galega ao mesmo tempo que aprendemos a facer receitas exquisitas para pasar o tempo dunha maneira máis doce!
Debedes practicar un poquiño antes de gravar os audios/vídeos. O vídeo/audio deberá durar máximo 20 segundos.
Podedes facer de dúas maneiras:
1- Escribir a receita, acompañándoa de debuxos ou fotos e gravando un audio seguindo os pasos indicados.
2- Gravar un vídeo seguindo os pasos.
Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:
Indica o teu nome e apelidos e o curso e autorización das vosas familias para publicalo.
DATA DE ENTREGA(aproximada): luns 6 de abril
Podedes descargar o ficheiro adxunto para poder escribir a receita ou premede AQUÍ.
No hay comentarios:
Publicar un comentario