domingo, 3 de mayo de 2020

Aí vén o Maio!


RUXI RETO 7: AÍ VÉN O MAIO!
Como sabedes, celebramos este fin de semana a
Festa dos Maios
  É unha festa celebrada no denominado “ciclo de maio”, tempo comprendido entre mediados de abril e principios de maio. Nela celébrase o renacer do ciclo do mundo vexetal, a fin do inverno e o comezo do verán, o bo tempo e a aparición dos primeiros froitos.
Nos Maios, elabóranse distintas estruturas con elementos naturais: flores, follas, herbas…
Como non puidemos celebralo na rúa, imos propoñer un reto para facer o maio na casa e lévalo ás rúas a través da web do centro.
Queredes participar? Que tedes que facer?
Elabora un maio con material de refugallo, con cousiñas que teñas por casa ou, se tes a posibilidade, un maio tradicional con flores e follas.
Deixamos tres vídeos para que collades ideas e podades facer o voso.
CANTIGAS:
As celebracións dos maios ían case sempre acompañadas de cantigas que facían referencia á chegada do mes de maio, o bo tempo, os froitos e flores. Había outro tipo de coplas máis críticas e agresivas, cun punto burlón e irónico, que denunciaban os feitos máis notorios ocorridos ao longo do ano, e algunhas veces facían alusión a persoas que ocupaban cargos importantes. 
Para facer unha cantiga dos Maios, podedes ver este vídeo feito por unha antiga do cole.
Mirade un cachiño da copla que nos enviou Abigail de 6ºB
Chega un novo ano
E un novo maio
Todos xuntiños vÁmolo facer
Hai que celebralo

Hai que celebralo
Todos xuntiños tÉmolo que celebrar
Coas nosas familias
Cos nosos amigos

Cos nosos amigos
Todos xuntiños
Pero en galego ten que ser
Todo en galego

Todo en galego
Ou perdemos a lingua
Todo en galego é todo mellor
Todo en galego hai que recitalo

Todo en galego hai que recitalo
Se non ao ceo non chegaremos
Quedarémonos abaixo no inferno infernal
Non chegaremos e ao inferno iremos

Non chegaremos e ao inferno iremos
A facerlle compañía a Trump iremos
Non queremos iso
Non queremos iso

Non queremos iso
Igual que se queres un mundo limpo
Ben nos comportaremos
Non contaminaremos eso salvaremolo

Non contaminaremos eso salvaremolo
Igual que salvaremos a fauna e a flora
Aos terreos e mares
Esto pararémolo

Podedes enviar tamén as vosas coplas, cantadas ou en papel, seguro que vos van saír moi ben!
Esperamos as vosas creacións!Risa

Unha vez teñades todo feito podedes envíalo a este correo do cole:
Non vos esquezades de indicar o teu nome e apelidos e o curso xunto co
título do voso maio ou copla.
DATA DE ENTREGA: 10 de maio

No hay comentarios:

Publicar un comentario