viernes, 29 de mayo de 2020

RUXI RETO 9: RUXI OLIMPÍADAS



Este curso todas as aulas estivemos traballando 
sobre os Xogos Olímpicos como Proxecto Documental Integrado da Biblioteca.
Moitas das actividades que tiñamos previstas quedaron sen rematar polo confinamento pero non queremos que remate o curso sen dedicarle un oco a este proxecto.
Esta semana propoñemos as RUXI OLIMPÍADAS do confinamento
Seguro que pensades que como suspenderon os Xogos Olímpicos de Tokio, nós tampouco podemos celebralos. Pois si que as imos a celebrar, só que dunha maneira diferente e moito máis divertida. Igual non gañamos medallas pero polo menos botamos unas risas e pasamos un bo rato. Comezamos?
A nosa proposta é que nos enviedes un vídeo de 20 segundos máximo na que nos ensinedes como practicades en casa un deporte  olímpico. Podedes escoller o que máis vos guste e adaptalo ao espazo e materiais que teñades en casa. Non se trata de copiar o deporte porque, como é lóxico, moitos precisan dun espazo e material específico. Do que se trata é de “adaptar” eses deporte ás novas circunstancias.
Fútbol cunha pelota de papel no corredor, se tedes irmáns/irmás podedes facer natación sincronizada sen auga, salto de altura con rolos de papel hixiénico, hockey con vasoiras, surf en monopatín (disto algo saben os de sexto) … a imaxinación é infinita e sabemos que a ser creativos non nos gaña ninguén, non si?
Se queredes ver cales son os deportes olímpicos consultade AQUÍ
Mirade o que nos enviou Amelia de 5ºA. Premede na imaxe.
                             

Unha vez teñades o vídeo feito podedes envíalo a este correo do cole:
Indica o teu nome e apelidos e o curso, e autorización das vosas familias para publicalo.

DATA DE ENTREGA: 1 de xuño

No hay comentarios:

Publicar un comentario