O 2O de novembro celébrase o Día Internacional dos Dereitos do Nen@, tamén coñecido como o Día Universal da Infancia.
É unha data que nos fai lembrar que os adultos somos os primeiros e únicos responsables de cumprir e facer cumprir que todos os nenos e nenas, sen ningún tipo de distinción nin discriminación, teñan todos os seus dereitos: ser educado, coidado e protexido, que ten dereito a divertirse, a aprender e a expresarse e que ademais, todos os nenos e nenas teñen o dereito de ir á escola, a recibir coidados médicos e a alimentarse para garantir o seu desenvolvemento en tódolos aspectos.
Na biblioteca tedes á vosa disposición unha exposición con contos e libros relacionados coa temática.
Na biblioteca podedes atopar moitas lecturas interesantes sobre os vosos dereitos e historias que nos contan como son as vidas de nenos e nenas noutros países.
Aí vos deixamos algunhas recomendacións!
Lembramos os dereitos da infancia?
No hay comentarios:
Publicar un comentario