Contra a violencia machista o alumnado do Ruxidoiro estamos #fartos #fartas
dos estereotipos que nos fan crer que non podemos ser libres de pensar e decidir por nós mesmos: as cores que nos gustan, os xoguetes que preferimos, os deportes que queremos facer... Libres para dicir SI, libres para dicir NON.
Cremos nun mundo sen ningún tipo de violencia, nun mundo onde os homes e as mulleres, as nenas e os nenos sexan tratados co mesmo respecto.
A bilioteca do Ruxidoiro e o equipo de dinamización da lingua galega recomenda estes contiños sobre a violencia de xénero en galego.
Algúns traballiños do alumnado de infantil e 1º de educación primaria:
VIXIANTES DAS VIOLENCIAS
Polo 25N os nenos e nenas de 2º de Educación Primaria coa mestra de música cantan: "ARROZ CON LEITE CON GAFAS DE IGUALDADE"
As aulas son espazos privilexiados para traballar valores democráticos, de igualdade e cidadanía, espazos únicos para a aprendizaxe da convivencia.
O 25 de novembro é unha data do calendario que as aulas integraron nas súas programacións porque cómpre unha chamada de atención fronte a actitudes que fixan valores contrarios á igualdade. Escoitemos ao noso futuro coas súas interesantes reflexións!
No hay comentarios:
Publicar un comentario