A piques de rematar o curso chega o momento de despedir aos nosos axudantes. Agradecer toda a labor que fixo este grupo de nenos e nenas ao longo de todo o curso, que foi moito!
Empréstitos, devolucóns, recomendacións de lecturas, preparación dos espazos para os obradoiros, creación de cartaces, decoración de días especiais, obradoiros de experimentos en infantil co club de ciencia, colocación de libros nos andeis... e un sinfín de actividades máis.
O último día despedímolos cunha pequena festa, uns agasallos e un diploma da súa labor.
Botaremos de menos o seu entusiasmo e a súa implicación. Moitas grazas!
No hay comentarios:
Publicar un comentario