O pasado martes 10 de xuño tivemos unha xuntanza no Club de Lectura de Adultos coa visita da autora do libro que estamos a ler, "Ítaca" de María Besteiros.
Falamos da novela, de libros e da vida. A novela trata un tema durísimo para calquer persoa como é a morte dun fillo.
Narrado dun xeito sensible e natural, de xeito case poético, María contounos as súa viviencia persoal e que o que pretendía escribindo a novela era dar visibilidade a perda nun bebé.
Como mostra de agracemento a María, quixemos agasallala cun pequeno detalle agardando que se sentise a gusto e cómoda entre nós.
Moitas grazas María por acompañarnos! Volve cando queiras!
No hay comentarios:
Publicar un comentario