domingo, 26 de enero de 2025

Continuamos con "Escarlatina, a cociñeira defunta"

 Este venres tivemos de novo unha xuntaza para falar de libros e de lecturas. Neste caso o Grupo 2 que está a ler o libro de Ledicia Costas "Escarlatina, a cociñeira defunta".

A lectura está a gustar e as personaxes son divertidas. Para a próxima xuntanza traeremos o libro rematado e haberá sorpresas...




miércoles, 22 de enero de 2025

DÍA DA ILUSTRACIÓN

O 30 de xaneiro celebramos o DÍA DA ILUSTRACIÓN, data impulsada pola Consellería de Cultura, Educación e Universidade en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Ilustración.

O alumnado de 4º e 5º tivo a oportunidade de coñecer ao ilustrador e autor de GAZAFELLOS, FON.



Fonso Barreiros é un lustrador nado en Noia en 1980. Matriculouse en 2001 na escola de cómic O Garaxe Hermético, onde consegue o premio de fin de curso pola súa obra "Curuxa, a voz de Azazel"


Outros títulos que vos recomendamos, algúns deles xa os podedes coller na biblioteca!




Ademais tamén realiza varios traballos como ilustrador: publica na revista A viñeta de Schrödinger, dá clases de cómic e é o director de V de viñetas, as xornadas de cómic do Liceo de Noia.


Fonso Barreiro falou dos seus inicios de ilustrador e deunos moitos consellos e algún truquiño para debuxar. A verdade é que pasamos un bo rato tan só cun papel e lapis ademais de deixar a nosa pegada no mundo da ilustración. 

Velaí tedes algunhas das nosas creacións.




Ao rematar o obradoiro algúns compañeiros e compañeiras de 5º subiron á radio acompañados do seu titor, Carlos e fixéronlle unha entrevista na que nos contou en primicia os seus traballos en proxecto. Queredes saber máis? Aquí vos deixamos a ligazón ao noso podcast "Gazafellando con Fon"

domingo, 19 de enero de 2025

Rematamos "Altas aspiraciones"

 O pasado venres houbo unha nova xuntanza co Grupo 1 do Ruxi Club. Durante as vacacións de Nadal a rapazada estivo a ler a novela de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones".

Como ven sendo habitual, falamos sobre a lectura, sobre as personaxes e sobre a trama... Gustou moito aínda que houbo rapazas ás que se lles fixo unha lectura bastante longa.

Logo de comentar e debatir sobre o libro xogamos ao Pasapalabra e a verdade e que o pasamos moi ben...  


Tamén tivemos un pequeno debate sobre cal será a proxima lectura...

Ás rapazas coincidiron que lles apetecía ler algo lixeiro logo de "Altas Aspiraciones" así que a seguinte libro é "El misterio de los huevos de oro" de Luísa Villar Liébana.




domingo, 12 de enero de 2025

De volta co Ruxiclub!

 O pasado venres tivemos unha nova xuntanza do Ruxi Club, neste caso co Grupo 2 que logo das vacacións de Nadal rematamos o libro de Maite Carranza "¿Quién quiere ser el novio de mi hermana?

Estivemos falando e debatindo sobre a lectura e as personaxes, en xeral é un libro que gustou moito xa que é divertido e co que o alumnado se sinte identificado.


Ao rematar de comentar a lectura estivemos a xogar ao Pasapalabra deste libro. A verdade é que foi das mellores participacións ata o de agora no Ruxi Club xa que a rapazada non fallou ningunha pregunta. Son unhas campionas!

A próxima lectura do Grupo 2 será a novela de Ledicia Costas, "Escarlatina, a cociñeira defunta", agardo que disfrutedes tanto desta lectura como o fixestes da anterior.

domingo, 22 de diciembre de 2024

Lecturas de Nadal

 Rematado este trimestre, chega un tempo de ilusión, tempo para compartir e tempo para ler e deixar voar a imaxinación.

Deixamos estas recomendacións para este tempiño de lecer. Felices festas!

viernes, 13 de diciembre de 2024

"Plan de rescate" Grupo 2

 O pasado 4 de decembro tivemos unha nova reunión coa quenda dúas do Ruxi Club, este grupo de rapazada está a ler o libro de Antía Yáñez, "Plan de recate".

Estivemos a comentar a lectura do libro e houbo opinións moi variadas, dende a quen non lle está enganchando, a quen non lle parece moi entretido ata a quen lle está entusiasmando. Esto é o marabilloso dun Club de Lectura, non sempre nos teñen que gustar as mesmas cousas pero sí que respectamos, comprendemos e aceptamos todas as opinións xa que son todas válidas coma a nosa propia.

 


Despedimos o 2024!

 O pasado venres 13 de decembro tivemos a derradeira reunión coas alumnas que forman parte do Grupo 1 do Ruxi Club.

Este grupo estaba a ler o libro de Maite Carranza "¿Quieres ser el novio de mi hermana?". Estivemos comentando sobre a lectura do libro, dos personaxes, das aventuras que lles pasaban aos protagonistas, en xeral é un libro que gustou bastante xa que é divertido, entretido e co que moitas das rapazas do Club de Lectura se sinten identificadas coa protagonista.


Logo de dar por rematada a lectura, a coordinadora do Club de Lectura tiña preparado un Pasapalabra sobre o libro, xogamos e divertímonos moito.

Ao rematar o xogo as participantes do Club recibiron uns pequenos agasallos para despedir o ano e dar a benvida con moitas lecturas e cousas bonitas o 2025.
Non podía faltar a visita á Ruxiradio para falar sobre o libro e despedir o ano xuntas.


A próxima lectura será o libro de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones".