jueves, 15 de enero de 2026

FRAGA DA DIVERSIDADE

 



As ÁRBORES DA PAZ medran no noso cole

Hai persoas que plantan sementes… e hai persoas que plantan esperanza.
Unha delas foi Wangari Maathai.

Wangari naceu en Kenia e aprendeu desde pequena que as árbores falan, aínda que non teñan voz. Contan historias de auga limpa, de animais, de sombra e de vida. Por iso decidiu plantar árbores para coidar a Terra e tamén ás persoas.

Ela dicía que cando plantamos unha árbore, estamos a plantar paz. Para Wangari Maathai, as árbores eran moito máis ca plantas: eran unha ferramenta para mellorar a calidade de vida das persoas e fomentar a paz. Polo seu compromiso co medio ambiente e coa xustiza social, recibiu o Premio Nobel da Paz no ano 2004. (primeira muller africana en recibilo).

E así comezou un gran movemento no que miles de mulleres en precaria situación económica uniron as súas mans para encher o mundo de verde.

No noso colexio tamén queremos escoitar ás árbores. Coa creación da Fraga da Diversidade, cada árbore representa un valor: o respecto, a amizade, a igualdade, a convivencia e o amor pola natureza.

Cada vez que regamos, coidamos e observamos a nosa fraga, lembramos que o futuro medra pouco a pouco… igual ca unha árbore, promovendo  valores como o respecto pola natureza, a convivencia, a igualdade e a responsabilidade ambiental.

Este proxecto axúdanos a comprender que o coidado do medio ambiente é unha tarefa compartida e que, a través de accións sinxelas como plantar unha árbore, podemos contribuír a un mundo mellor.

miércoles, 14 de enero de 2026

Recomendacións Día da Paz

Na biblioteca preparamos esta recompilación de recursos para traballar o Día da Paz nas aulas e en familia: xogos, curtas, cancións, lecturas... Esperamos que vos gusten!

 

jueves, 8 de enero de 2026

Última xuntanza dos clubs de lectura

 Chegamos ao final do trimestre e tivemos a derradeira xuntanza do 2025. Seguimos coa lectura da novela de Charlie Feelwood, "Altas Aspiraciones". Está gustando moito, aproveitaremos para rematala durante as vacacións de Nadal.


Como co grupo anterior, tivemos a derradeira xuntanza do 2025 co Grupo 2. Nesta ocasión demos por rematada a novela que estabamos a ler, ¿Quién quiere ser e novio de mi hermana? de Maite Carranza.

Xogamos ao Pasapalabra do libro e escollemos a próxima lectura, "Escarlatina, a cociñeira defunta" de Ledicia Costas.



viernes, 19 de diciembre de 2025

Actualización da nosa biblioteca

 A biblioteca do centro está a vivir un momento de cambio e mellora. Durante este trimestre estamos a reorganizar os espazos e a catalogar de novo todos os libros para adaptalos ao novo sistema de xestión bibliotecaria KOHA.

Grazas a Koha, a biblioteca contará cun catálogo dixital máis moderno e accesible, que facilitará a busca por títulos, autores ou materias tanto para o alumnado como para o profesorado.

Sabemos que estes cambios requiren tempo e paciencia, pero o obxectivo é claro: construír unha biblioteca máis útil, actual e adaptada ás necesidades da nosa comunidade educativa.

Continuaremos con esta labor no segundo trimestre contando coa gran axuda dos axudantes de biblioteca.

Moi pronto poderedes descubrir a nova biblioteca… ¡e gozar aínda máis da lectura!



Recomendacións lectoras

 

domingo, 30 de noviembre de 2025

Ruxi Club: grupo 1

 O pasado venres tivemos unha nova xuntanza coa rapazada que participa no Club de Lectura, nesta ocasión co Grupo 1.

A novela de Charlie Feedwood, "Altas aspiraciones" está gustando bastante, ten os ingredientes necesarios que fan entretida a lectura e que anima a ler un capítulo máis.




Ruxi Club: grupo 2

 Unha nova xuntanza do Club de Lectura tivo lugar na nosa biblioteca, nesta ocasión foi coa rapazada do Grupo 2.

Estamos a ler "¿Quién quiere ser el novio de mi hermana? de Maite Carranza. Está resultando ser unha lectura divertida, amena e que engancha, non podes deixar de ler!