martes, 26 de enero de 2016

Que pasada de Photocall !!!

Ola amiguiños!!

Como vos contamos días atrás, este ano vamos a celebrar o Entroido tomando como tema o apaixoante e máxico mundo do Circo. Pouco a pouco, o colexio vai ambientándose para esta celebración e así, paiasos, trapecistas, domadores, acróbatas... comezan a facer acto de aparición pola escola.

Unha das novidades que teremos este ano no colexio será a participación no noso circense photocall, obra dos membros do Equipo de Extraescolares do Centro coa inestimable colaboración dos nosos mañosos conserxes, e no que poderedes retratarvos para ter un gracioso recordo deste Entroido.

Un RUXI - SAÚDO a todos e esperamos que vos guste!!


Día da Paz

Ola amiguiños!!

Como ben sabedes, dentro duns días celebrarase en todo o mundo unha data moi importante e significativa: Día da Paz e da Non Violencia. Así, o vindeiro 30 de Xaneiro, milleiros de estudantes e colexios de todo o mundo celebrarán esta data coa finalidade de intentar fomentar a tolerancia, a amizade, o diálogo e  o entendemento entre as diferentes razas, relixións e culturas que poboan o noso planeta.

Para que poidades coñecer algo máis sobre esta data, aquí vos deixamos unha estupenda actividade LIM creada por Julia González coa que, de seguro, aprenderedes moitas curiosidades.

Un RUXI - SAÚDO a todos!!




viernes, 22 de enero de 2016

Preparándonos para o Entroido

Ola amiguiños!!

Este curso, o tema escollido para celebrar o Entroido no noso colexio non é outro que o máxico, espectacular e incrible mundo do CIRCO. Pouco a pouco a nosa escola vai ambientándose para que nenos, mestres e pais o pasemos realmente xenial.

En breve teredes máis información. Un RUXI-SAÚDO a todos!!








miércoles, 13 de enero de 2016

Benvidos de novo á Biblioteca do CEIP "O Ruxidoiro"



Ola amiguiños!!

Tras unhas longas semanas de intenso traballo na biblioteca do noso colexio, por fin xa estamos aquí de novo. Moitos vos preguntaredes que pasou durante estas últimas semanas nas que a biblioteca permaneceu pechada no horario de recreo. Pois ben, misterio resolto: o equipo de biblioteca estivo organizando todo o fondo bibliográfico (esto é, todos e cada un dos libros e demáis materiais dos que dispoñemos na biblioteca) para que o seu uso sexa máis fácil, organizado e dinámico. 

Asemade, tamén estivemos ultimando varias novidades que se porán en marcha durante o presente curso e das que poderedes disfrutar con só acercarvos ata a biblioteca; novidades das que xa vos iremos informando aos poucos.

Para os que xa non aguantedes máis, lembrarvos que podedes facer uso da biblioteca nos recreos desde agora mesmo!!!!!!!!

Só indicarvos que o horario de acceso libre á biblioteca será o seguinte:

1º, 2º e 3º de Educación Primaria: primeiro recreo (de 11:05 a 11:20 horas)

4º, 5º e 6º de Educación Primaria: segundo recreo (de 13:05 a 13:20 horas)

Un RUXI - SAÚDO a todos!!